E como é a cociña polo que todo o mundo suspira? Preguntamos a milleiros de persoas, visitamos centos de casas e traballamos con profesionais da industria alimentaria. "Chegamos á conclusión de que o que une as cociñas de todo o mundo é que todas son diferentes", di Klas-Ola. "Por cada persoa que soña cunha cociña aberta, hai outra que non ten espazo para facela, ou que non pode acometer unha reforma dese tamaño".
METOD Estrutura armario esq/parede, branco, 68x37x100 cm
Como conseguilo
25 ano de garantía
O sistema de cociña METOD axúdate a deseñar a cociña dos teus soños por dentro e por fóra. Se precisas unha solución para aproveitar unha esquina, este armario permíteche crear unha cociña en forma de L ou U.
Detalles do produto
Probado meticulosamente para verificar que este produto soporta as esixencias do día a día na cociña.
Esta estrutura estable de 18 mm de grosor conta cunha superficie de melamina fácil de limpar que aguanta ben a humidade e as rabuñaduras.
O panel posterior mellora a estabilidade e a resistencia da estrutura.
O tapacantos agocha o aglomerado en todos os bordos. Tamén sela e protexe a superficie do armario contra a humidade e os golpes.
Os buratos que xa veñen feitos no interior do moble permítenche axustar a altura do estante.
As portas teñen bisagras con pistóns de gas, polo que pechan silenciosa, lenta e suavemente.
Grazas ás bisagras regulables en altura, profundidade e anchura, resultarache moi doado montar as portas na posición correcta.
25 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
IKEA of Sweden
Información útil
A guía de suspensión véndese á parte.
Completar cunha porta de 40 cm de ancho que se vende á parte.
Emprega os tapóns de remate VARIERA para cubrir buratos inutilizados. Véndense á parte.
Diferentes tipos de parede requiren diferentes ferraxes. Emprega as ferraxes máis axeitadas para as túas paredes (non se inclúen).
A bisagra pódese regular en altura e profundidade, así como lateralmente.
Pódese completar con accesorios de interior UTRUSTA para aproveitar o espazo ao máximo.
Inclúense todas as pezas para montar o armario (instrucións de montaxe, pezas de armario, parafusos, espigos, cravos, soportes de montaxe e levas).
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Estrutura:
- NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
- Dorso:
- NOTRANS, NOTRANS
Mantemento
Secar cun pano seco.
Limpar con un pano suave humedecido en auga e, se fose necesario, un limpador non abrasivo.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
METOD Estrutura armario esq/parede702.152.81METOD Estrutura armario esq/parede702.152.81Consellos e instrucións de coidado
METOD Estrutura armario esq/parede702.152.81METOD Estrutura armario esq/parede702.152.81Medicións
- Fondo sen guía de suspensión: 66.5 cm
- Fondo con guía de suspensión: 67.5 cm
- Ancho: 67.5 cm
- Sistema fondo: 37.0 cm
- fondo: 67.5 cm
- Altura: 100.0 cm
Embalaxe
METOD
Número de artigo702.152.81- Ancho: 66 cm
- Alto: 8 cm
- Longo: 106 cm
- Peso: 23.70 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Unha cociña que nos levou polo mundo
Sexa como for a cociña dos teus soños, seguramente sexa distinta ao que desexa o resto do mundo. Isto foi o que aprendemos cando investigamos o que lle gusta á xente en materia de cociña polo mundo adiante. A nosa conclusión no tocante ao sistema de cociña METOD é que ten que permitir deseñar a mellor cociña para ti, sexan cales foren as túas preferencias e lugar de residencia.
Cantas máis persoas teñan a súa cociña mellor, e nós queremos axudalas a conseguilo. E así foi como comezamos cos bosquexos. "Cando a creamos, METOD supoñía o maior cambio que afrontabamos en materia de cociña, polo que é xusto dicir que traballamos con moito tino", di o técnico Klas-Ola Nilsson.
Pesquisas por todo o mundo
Das pesquisas aos resultados
Houbo un elemento que se revelou extremadamente importante. "Decatámonos de que necesitabamos un sistema de cociña capaz de adaptarse a espazos de distinto tamaño e dunha maneira totalmente nova para nós", di Klas-Ola. "Así foi como deseñamos armarios que se puidesen instalar en case calquera parte". É posible combinar pezas de distinto tamaño, en función da estancia, e de maneira harmoniosa, sen acabados raros. Amais, tamén podes personalizar o seu interior para satisfacer todas as túas necesidades.
Preparadas para o futuro
Unha cociña adaptable resulta máis cómoda á hora de cociñar: isto é así agora e será así no futuro. Se o que buscas é unha cociña máis profesional ou se só a queres utilizar para máis actividades, a cociña METOD está aquí para axudarte. "METOD non é algo definitivo nin pechado", di Klas-Ola. "A idea de cociña soñada evoluciona constantemente. Para satisfacer as necesidades futuras, METOD tamén evolucionará".
Material
Que é un taboleiro de partículas?
O taboleiro de partículas está feito de madeira reciclada e serraduras, polo que as pezas de madeira con tonalidades inadecuadas, achas e serraduras son convertidas en recursos no canto de en refugallos. Utilizamos estes taboleiros para facer estantes, estruturas de cama, sofás e estruturas de cociña. Para protexelo da humidade e do desgaste, botámoslle verniz, chapa ou laminado que ademais realzan o aspecto do moble.
Funcionalidade
Bloques de construción para a cociña
As estruturas METOD son a base da cociña. Elixe armarios baixos, altos ou de parede, dispoñibles en varias medidas de ancho. Os armarios altos e de parede están dispoñibles en varias alturas. Para aproveitar un recuncho, hai estruturas de esquina con carrusel que permiten alcanzar o contido con facilidade. Tamén hai estruturas especiais para fornos sinxelos ou dobres integrados. Perfectas se queres ter o forno a unha altura de traballo cómoda. Compleméntaas con accesorios interiores UTRUSTA, UPPDATERA e VARIERA.



