METOD Estrutura armario baixo, branco, 30x60x80 cm
Como conseguilo
25 ano de garantía
O sistema de cociña METOD permíteche deseñar a cociña dos teus soños por dentro e por fóra. Os nosos armarios baixos son a base da cociña na que gardarás cousas, cociñarás e pasarás bos momentos con amigos.
Detalles do produto
Ideal para crear un espazo de almacenaxe adicional nun lugar estreito.
Probado meticulosamente para verificar que este produto soporta as esixencias do día a día na cociña.
Esta estrutura estable de 18 mm de grosor conta cunha superficie de melamina fácil de limpar que aguanta ben a humidade e as rabuñaduras.
O panel posterior mellora a estabilidade e a resistencia da estrutura.
O tapacantos agocha o aglomerado en todos os bordos. Tamén sela e protexe a superficie do armario contra a humidade e os golpes.
Os buratos que xa veñen feitos no interior do moble permítenche axustar a altura do estante.
Proba a poñerlle un accesorio extraíble (véndese por separado) e crea un lugar para as táboas de cortar e bandexas no estante inferior, e botellas e recipientes no estante superior.
Engade organizadores como bandexas de cubertos, bandexas de utensilios e soportes de pratos para organizar e usar de maneira eficaz o espazo no interior dos armarios e caixóns. Véndense por separado.
A guía de montaxe METOD axúdate a colocar os armarios de parede perfectamente aliñados.
25 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
IKEA of Sweden
Medicións
- Fondo sen guía de suspensión: 59.0 cm
- Fondo con guía de suspensión: 60.0 cm
- Ancho: 30.0 cm
- Sistema fondo: 60.0 cm
- Altura: 80.0 cm
Opinións dos clientes

Unha cociña que nos levou polo mundo
Sexa como for a cociña dos teus soños, seguramente sexa distinta ao que desexa o resto do mundo. Isto foi o que aprendemos cando investigamos o que lle gusta á xente en materia de cociña polo mundo adiante. A nosa conclusión no tocante ao sistema de cociña METOD é que ten que permitir deseñar a mellor cociña para ti, sexan cales foren as túas preferencias e lugar de residencia.
Cantas máis persoas teñan a súa cociña mellor, e nós queremos axudalas a conseguilo. E así foi como comezamos cos bosquexos. "Cando a creamos, METOD supoñía o maior cambio que afrontabamos en materia de cociña, polo que é xusto dicir que traballamos con moito tino", di o técnico Klas-Ola Nilsson.
Pesquisas por todo o mundo
E como é a cociña polo que todo o mundo suspira? Preguntamos a milleiros de persoas, visitamos centos de casas e traballamos con profesionais da industria alimentaria. "Chegamos á conclusión de que o que une as cociñas de todo o mundo é que todas son diferentes", di Klas-Ola. "Por cada persoa que soña cunha cociña aberta, hai outra que non ten espazo para facela, ou que non pode acometer unha reforma dese tamaño".
Das pesquisas aos resultados
Houbo un elemento que se revelou extremadamente importante. "Decatámonos de que necesitabamos un sistema de cociña capaz de adaptarse a espazos de distinto tamaño e dunha maneira totalmente nova para nós", di Klas-Ola. "Así foi como deseñamos armarios que se puidesen instalar en case calquera parte". É posible combinar pezas de distinto tamaño, en función da estancia, e de maneira harmoniosa, sen acabados raros. Amais, tamén podes personalizar o seu interior para satisfacer todas as túas necesidades.
Preparadas para o futuro
Unha cociña adaptable resulta máis cómoda á hora de cociñar: isto é así agora e será así no futuro. Se o que buscas é unha cociña máis profesional ou se só a queres utilizar para máis actividades, a cociña METOD está aquí para axudarte. "METOD non é algo definitivo nin pechado", di Klas-Ola. "A idea de cociña soñada evoluciona constantemente. Para satisfacer as necesidades futuras, METOD tamén evolucionará".
Material
Que é un taboleiro de partículas?
O taboleiro de partículas está feito de madeira reciclada e serraduras, polo que as pezas de madeira con tonalidades inadecuadas, achas e serraduras son convertidas en recursos no canto de en refugallos. Utilizamos estes taboleiros para facer estantes, estruturas de cama, sofás e estruturas de cociña. Para protexelo da humidade e do desgaste, botámoslle verniz, chapa ou laminado que ademais realzan o aspecto do moble.