Como conseguilo
25 ano de garantía
O sistema de cociña METOD dáche a liberdade de deseñar a cociña dos teus soños por dentro e por fóra. Este armario de parede ten espazo para instalar un extractor e os tubos de ventilación e ademais ofréceche un lugar onde gardar as cousas da cociña.
Detalles do produto
O burato que hai na parte posterior do armario facilita a instalación de tubos e cables.
O armario pode montarse orientado á esquerda ou dereita, en función da posición dos enchufes.
Podes quitar e poñer o panel traseiro do interior para chegar ao tubo.
Probado meticulosamente para verificar que este produto soporta as esixencias do día a día na cociña.
Esta estrutura estable de 18 mm de grosor conta cunha superficie de melamina fácil de limpar que aguanta ben a humidade e as rabuñaduras.
A cor escura combina moi ben coas frontes e interiores de cociña escuras, cuxo resultado é un ambiente integrado e elegante.
O panel posterior mellora a estabilidade e a resistencia da estrutura.
O tapacantos agocha o aglomerado en todos os bordos. Tamén sela e protexe a superficie do armario contra a humidade e os golpes.
Os buratos que xa veñen feitos no interior do moble permítenche axustar a altura do estante.
25 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
IKEA of Sweden
Medicións
- Fondo sen guía de suspensión: 36.6 cm
- Fondo con guía de suspensión: 37.6 cm
- Ancho: 80.0 cm
- Sistema fondo: 37.0 cm
- Altura: 100.0 cm
Opinións dos clientes

Material
Que é un taboleiro de partículas?
O taboleiro de partículas está feito de madeira reciclada e serraduras, polo que as pezas de madeira con tonalidades inadecuadas, achas e serraduras son convertidas en recursos no canto de en refugallos. Utilizamos estes taboleiros para facer estantes, estruturas de cama, sofás e estruturas de cociña. Para protexelo da humidade e do desgaste, botámoslle verniz, chapa ou laminado que ademais realzan o aspecto do moble.
Funcionalidade
Bloques de construción para a cociña
As estruturas METOD son a base da cociña. Elixe armarios baixos, altos ou de parede, dispoñibles en varias medidas de ancho. Os armarios altos e de parede están dispoñibles en varias alturas. Para aproveitar un recuncho, hai estruturas de esquina con carrusel que permiten alcanzar o contido con facilidade. Tamén hai estruturas especiais para fornos sinxelos ou dobres integrados. Perfectas se queres ter o forno a unha altura de traballo cómoda. Compleméntaas con accesorios interiores UTRUSTA, UPPDATERA e VARIERA.