Saltar
Novidade

MÄVINN Cortina, 1par, negro/branco/raia verde, 110x300 cm

49,99€

Tamén precisarás

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Estas cortinas están feitas á man con tecido dobby e incorporan listas enfáticas coas que semellan máis longas do que realmente son. A técnica de tecido combinada co bordado á man da parte superior crea unha aparencia única e artesanal.

Número de artigo606.199.61

Detalles do produto

IKEA colabora con empresas sociais de todo o mundo para crear produtos únicos cos que dar traballo ás persoas que máis o necesitan.

Cada par de cortinas foi feito cun tecido elaborado á man con detalles bordados igualmente á man que lle dan un toque rústico.

O tecido reduce o paso de luz e os reflexos. Proporciona unha agradable sensación de privacidade grazas á súa opacidade. Pola noite, é posible percibir siluetas dende o exterior se a estancia está iluminada.

O peto da parte posterior permite pasar a barra sen que quede á vista, o que lle dá unha aparencia de estar feita á medida. Ideal para solucións onde a cortina non adoita abrirse nin pecharse con frecuencia.

A súa lonxitude de 300 cm permíteche pendurar a cortina á altura do teito, para crear unha atmosfera sofisticada e de teitos altos; ou tamén a podes colgar enriba de fiestra e deixala caer sobre o chan.

O algodón é un material natural, resistente e suave que require poucos coidados e que se pode lavar á máquina.

Deseñador

Luna Gil

Número de artigo606.199.61

Información útil

Cortina, inclúe 1 par.

As cortinas véndense por pares. Os tamaños sinalados fan referencia a cada cortina. Para saber a largura total, multiplica por dous a largura de cada cortina.

Podes empregar a tira para bastas SY para acurtares as cortinas sen necesidade de coser.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

100% algodón

Mantemento

Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.

Non empregar lixivia.

Secar normal en secadora a temperatura normal (80 ºC como máximo).

Pasar o ferro a 150º C como máximo.

Non limpar en seco.

Medicións

  • Largura/cortina: 110 cm
  • lonxitude: 300 cm
  • superficie: 6.60 m²

Embalaxe

MÄVINN

Número de artigo606.199.61
  • Ancho: 19 cm
  • Alto: 11 cm
  • Longo: 28 cm
  • Peso: 1.64 kg
  • Paquete(s): 1

Accesorios para MÄVINN

Funcionalidade

O tecido reduce o paso de luz

O tecido atenúa a cantidade de luz que entra na estancia e reduce os reflexos. Crea unha agradable sensación de privacidade, xa que non deixan ver desde fóra o que hai dentro. Pola noite, cando a estancia está iluminada, é posible percibir as formas e siluetas do interior desde fóra.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Cando creei a colección MÄVINN, inspireime nas miñas viaxes ao sueste asiático e no estilo de vida que vin alí. As cores vibrantes e os detalles feitos á man danlles aos obxectos un aspecto único, pero cunha clara identidade IKEA. La, algodón, xute, arxila e fibras naturais: os materiais varían en cor e textura e ofrecen un aspecto expresivo cunha sensación xenuína de calidade. O feito de que todo contribúa a crear un medio de vida para os artesáns é un engadido estupendo!"

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.