Saltar

MATTRADITION Forno microondas, IKEA 300 negro

299€
Microondas incorporado de aceiro inoxidable con pantalla dixital e porta aberta.
Microondas branco montado na parede con pantalla dixital e panel de control, cun deseño elegante e sen mangos.
Moderno microondas negro incorporado con panel de control e pantalla dixital na parte superior.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • 5 ano de garantía

Este práctico microondas ten todas as funcións básicas que precisas e reparte a calor de xeito uniforme e rápido. Deseñouse para combinar coas nosas cociñas tradicionais e adáptase perfectamente ao forno MATTRADITION.

Número de artigo104.117.70

Detalles do produto

Cinco anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto da garantía.

Función de inicio rápido para quentar alimentos nun intre, en especial bebidas.

Para preparares deliciosos pratos de verduras e peixe elixe a función de vapor co accesorio de vapor que se inclúe.

O microondas ten unha función de desconxelación automática que calcula o tempo que a comida precisa para desconxelar. O único que tes que facer é indicar o peso do que se vai desconxelar.

As portas sen asa crean un estilo elegante; para abrilas só hai que premer nelas.

Fácil de colocar á altura de traballo máis cómoda nun armario de parede ou alto.

O bloqueo de seguridade automático evita que as e os nenos poidan acender o forno por accidente. Non se pode usar o panel de control a menos que abras e peches a porta.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo104.117.70

Información útil

Efecto microondas: 750 W.

Voltaxe: 230 V.

Fusible mínimo necesario: 10A.

Base xiratoria de 25 cm de diámetro.

4 niveis de potencia.

Visor electrónico con díxitos brancos.

Inclúese 1 xogo para cociñar ao vapor.

Inclúe cable de alimentación con enchufe.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Elimina as manchas e retira os restos de comida despois de cada uso cun pano con auga e xabón.

Limpa o exterior do forno/microondas cun pano suave con agua.

Asegúrate de secar cun pano suave despois de cada lavado.

Non utilices disolventes nin outros produtos abrasivos para limpar o forno/microondas.

Seguridade e conformidade

Este produto contén a marca de conformidade de Serbia.Este produto leva marcado CE.

Medicións

  • Ancho: 59.5 cm
  • fondo: 31.7 cm
  • Altura: 39.4 cm
  • Volume: 22 l
  • lonxitude do cable: 130.0 cm
  • peso: 20 kg
  • Potencia máxima microondas: 750 W

Embalaxe

MATTRADITION

Número de artigo104.117.70
  • Ancho: 46 cm
  • Alto: 45 cm
  • Longo: 69 cm
  • Peso: 21.00 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4Valoración media
160Opinións
Cociña moderna con dobre forno, elegante estufa negra, armarios brancos, utensilios de madeira e utensilios colgantes.

Electrodomésticos de cociña para todo o mundo

Como podemos ser de axuda na cociña, sen estarmos contigo na cociña? Pois podemos crear electrodomésticos de gran calidade a un prezo que che deixe marxe para mercar ingredientes tamén de calidade. Para isto, traballamos da man de fornecedores escollidos coidadosamente. Expertos que son os mellores no seu eido e que lle dan ao público todo o que necesita no seu día a día. Isto nos permite ofrecer cociñas totalmente equipadas e funcionais, con electrodomésticos e todo o que necesitas nun mesmo sitio.

Crear cousas de calidade é moito máis sinxelo cando traballas en equipo. E cando o fas habendo confianza e entendemento polo medio, convértese nunha actividade divertida e interesante.

Momentos de sorpresa durante os traballos

Bruno Lizotte traballa no desenvolvemento de produtos en IKEA of Sweden, en Älmhult, e conta que os electrodomésticos de cociña son deseñados en presencia dos fornecedores. "Temos moita experiencia no que atinxe a vida na casa, así que compartimos as nosas ideas e coñecementos para os fornecedores veren as cousas desde a nosa perspectiva. Despois, as dúas partes encontramos solucións para mellorar a experiencia na cociña", explica. Pola súa vez, os fornecedores contribúen coa súa perspectiva, por exemplo, con datos concretos sobre os materiais, solucións técnicas e innovacións que están a elaborar. "Ser xenerosos permítenos aprender mutuamente. É unha forma de retar as vellas verdades sobre como se supón que hai que facer as cousas. E normalmente tamén leva a un par de momentos de sorpresa para todas as persoas presentes", matiza Bruno.

Coñecemento visitando casas

Parte dos coñecementos que compartimos provén das visitas que IKEA fai ás casas. É unha maneira de ver como as persoas de distintas culturas viven e xestionan os altos e baixos dos seus fogares. Por exemplo, preguntámoslles: ademais de cociñar, que outras cousas facedes na cociña? Como utilizades os espazos? Recibides visitas con frecuencia? Que vos gustaría mellorar? Cales son as vosas esperanzas, soños e desexos? "Transmitímoslle as conclusións que extraemos das visitas ás persoas coas que traballamos para deseñarmos mellores produtos conxuntamente e facilitarmos de paso a vida doméstica", di Bruno.

Un día a día máis sinxelo no corazón da casa

Uns electrodomésticos de calidade deberían adaptarse ao resto da cociña e ás persoas que os utilizan. Todo o mundo ten necesidades, gustos e economías distintas. Algunhas persoas cociñamos porque nos gusta, outras porque teñen que comer. Por iso, durante o proceso de creación, unha boa parte do tempo vai destinado a crear unha selección de produtos duradeiros, pero con distintos estilos, funcións e prezos. E a calidade sempre é o tema central. Implica facer moitos retoques, probar ideas e escoller as que son de maior axuda para as persoas. "A unión e o entusiasmo son para nós palabras importantes no tocante ao deseño de produtos. En resumo, implica traballar con persoas que cren no mesmo que nós, pero tamén respectar os esforzos dos demais. Cando conseguimos vivir conforme a iso, podemos marcar unha auténtica diferenza e facilitarlle a vida a moitas persoas. É algo ao que realmente aspiramos", di Bruno.

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.