5 ano de garantía
Este práctico microondas ten todas as funcións básicas que precisas e reparte a calor de xeito uniforme e rápido. Deseñouse para combinar coas nosas cociñas tradicionais e adáptase perfectamente ao forno MATTRADITION.
Detalles do produto
Cinco anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto da garantía.
Función de inicio rápido para quentar alimentos nun intre, en especial bebidas.
Para preparares deliciosos pratos de verduras e peixe elixe a función de vapor co accesorio de vapor que se inclúe.
O microondas ten unha función de desconxelación automática que calcula o tempo que a comida precisa para desconxelar. O único que tes que facer é indicar o peso do que se vai desconxelar.
As portas sen asa crean un estilo elegante; para abrilas só hai que premer nelas.
Fácil de colocar á altura de traballo máis cómoda nun armario de parede ou alto.
Grazas ao prato xiratorio, os microondas esténdense de maneira uniforme para que a comida se quente ou cociña de forma homoxénea.
O bloqueo de seguridade automático evita que as e os nenos poidan acender o forno por accidente. Non se pode usar o panel de control a menos que abras e peches a porta.
IKEA of Sweden
Medicións
- Ancho: 59.5 cm
- fondo: 31.7 cm
- Altura: 39.4 cm
- Volume: 22 l
- lonxitude do cable: 130.0 cm
- peso: 20 kg
- Potencia máxima microondas: 750 W
Opinións dos clientes
Atopa o teu electrodoméstico perfecto!
Descubre a Guía de electrodomésticos IKEA, pensada para axudarte a atopar o electrodoméstico perfecto. Responde a unhas poucas preguntas sinxelas e guiarémoste ata o forno, frigorífico ou calquera outro electrodoméstico ideal para a túa casa. Comeza o proceso e escolle facilmente!

Electrodomésticos de cociña para todo o mundo
Como podemos ser de axuda na cociña, sen estarmos contigo na cociña? Pois podemos crear electrodomésticos de gran calidade a un prezo que che deixe marxe para mercar ingredientes tamén de calidade. Para isto, traballamos da man de fornecedores escollidos coidadosamente. Expertos que son os mellores no seu eido e que lle dan ao público todo o que necesita no seu día a día. Isto nos permite ofrecer cociñas totalmente equipadas e funcionais, con electrodomésticos e todo o que necesitas nun mesmo sitio.
Crear cousas de calidade é moito máis sinxelo cando traballas en equipo. E cando o fas habendo confianza e entendemento polo medio, convértese nunha actividade divertida e interesante.
Momentos de sorpresa durante os traballos
Bruno Lizotte traballa no desenvolvemento de produtos en IKEA of Sweden, en Älmhult, e conta que os electrodomésticos de cociña son deseñados en presencia dos fornecedores. "Temos moita experiencia no que atinxe a vida na casa, así que compartimos as nosas ideas e coñecementos para os fornecedores veren as cousas desde a nosa perspectiva. Despois, as dúas partes encontramos solucións para mellorar a experiencia na cociña", explica. Pola súa vez, os fornecedores contribúen coa súa perspectiva, por exemplo, con datos concretos sobre os materiais, solucións técnicas e innovacións que están a elaborar. "Ser xenerosos permítenos aprender mutuamente. É unha forma de retar as vellas verdades sobre como se supón que hai que facer as cousas. E normalmente tamén leva a un par de momentos de sorpresa para todas as persoas presentes", matiza Bruno.
Coñecemento visitando casas
Parte dos coñecementos que compartimos provén das visitas que IKEA fai ás casas. É unha maneira de ver como as persoas de distintas culturas viven e xestionan os altos e baixos dos seus fogares. Por exemplo, preguntámoslles: ademais de cociñar, que outras cousas facedes na cociña? Como utilizades os espazos? Recibides visitas con frecuencia? Que vos gustaría mellorar? Cales son as vosas esperanzas, soños e desexos? "Transmitímoslle as conclusións que extraemos das visitas ás persoas coas que traballamos para deseñarmos mellores produtos conxuntamente e facilitarmos de paso a vida doméstica", di Bruno.
Un día a día máis sinxelo no corazón da casa
Uns electrodomésticos de calidade deberían adaptarse ao resto da cociña e ás persoas que os utilizan. Todo o mundo ten necesidades, gustos e economías distintas. Algunhas persoas cociñamos porque nos gusta, outras porque teñen que comer. Por iso, durante o proceso de creación, unha boa parte do tempo vai destinado a crear unha selección de produtos duradeiros, pero con distintos estilos, funcións e prezos. E a calidade sempre é o tema central. Implica facer moitos retoques, probar ideas e escoller as que son de maior axuda para as persoas. "A unión e o entusiasmo son para nós palabras importantes no tocante ao deseño de produtos. En resumo, implica traballar con persoas que cren no mesmo que nós, pero tamén respectar os esforzos dos demais. Cando conseguimos vivir conforme a iso, podemos marcar unha auténtica diferenza e facilitarlle a vida a moitas persoas. É algo ao que realmente aspiramos", di Bruno.