MALM Estrutura de cama, branco/Leirsund, 140x200 cm
Como conseguilo
Un deseño sinxelo e bonito que che permite instalar a cama no medio do cuarto ou coa cabeceira contra a parede. Se precisas espazo para gardar a roupa de cama, proba a utilizar tamén unhas caixas con rodas MALM.
Detalles do produto
Ao ter os laterais da cama regulables, pódense utilizar colchóns de diversos grosores.
Esta versátil estrutura de cama é doada de combinar con todo tipo de tecidos e mobles de dormitorio.
A cabeceira alta permíteche empillar varios coxíns nas costas para así manter unha posición erguida e cómoda mentres les ou ves a tele.
Resulta moi doado pasar a aspiradora por debaixo da cama.
Grazas ó somier LEIRSUND con láminas curvas, zonas de confort e 6 láminas axustables encontrarás a comodidade que buscas. Pola súa banda, a parte aberta permite o aire circular e conservar o frescor.
Eva Lilja Löwenhielm/IKEA of Sweden
Medicións
- lonxitude: 209 cm
- Ancho: 156 cm
- Altura pés: 38 cm
- Altura cabezal: 100 cm
- Longo do colchón: 200 cm
- Anchura do colchón: 140 cm
- Altura: 100 cm
- Altura: espazo libre baixo o moble: 21 cm
Opinións dos clientes
Accesorios para MALM
Explora as túas opcións
Combina mobles e decoración de dormitorio para atopar o complemento perfecto para o teu fogar.

Material
Que é un taboleiro composto?
Utilizamos taboleiros compostos para fabricar gran parte dos nosos mobles, como mesas ou roupeiros. Son lixeiros, estables e resistentes. Os taboleiros teñen unha estrutura feita de aglomerado, fibras ou madeira maciza mentres que no interior está composto por unha estrutura de favo feita principalmente de papel reciclado a cal, grazas á súa construción especial, ofrece unha gran resistencia. A continuación, o taboleiro é cuberto cunha pintura protectora, laminado ou chapa, segundo o estilo que se queira conseguir.