Un protector de colchón, feito dunha mestura de poliéster e algodón acolchado. Pódese lavar con frecuencia e seca rapidamente. As faixas elásticas que ten nos bordos permiten que quede ben fixo.
Detalles do produto
Un protector de colchón acolchado, confeccionado cun tecido que mestura poliéster e algodón e un recheo de poliéster obtido principalmente de material reciclado.
Os protectores de colchón que separan as sabas dos colchóns protexen das manchas e da sucidade e alongan a vida dos colchóns.
Leva unha fita elástica en cada esquina para mantelo no seu sitio.
O protector de colchón lávase á máquina a 60 ºC, a temperatura á que morren os ácaros.
Maja Ganszyniec
Medicións
- lonxitude: 200 cm
- Ancho: 90 cm
Opinións dos clientes
Material
Que é o poliéster reciclado?
Ao crear produtos a partir de poliéster reciclado, as botellas PET e outros obxectos teñen a posibilidade de ter outra vida e converterse así en tecidos, caixas, frontes de cociña e mesmo lámpada. Estes novos produtos garanten a mesma calidade cós produtos de poliéster virxe. E obviamente o resultado é igual de limpo e seguro. E pode que o mellor de todo é saber que estás a contribuír a utilizar menos materias primas.
Calidade
Protexe o teu colchón ou dálle unha nova vida
En IKEA, a calidade dos nosos produtos sempre é o primeiro e os protectores de colchón non son unha excepción. O noso equipo de desenvolvedores de produtos traballa arreo para garantir que cumpren cos nosos estándares máis elevados. Isto inclúe a realización de probas exhaustivas do confort, a durabilidade, o axuste e moito máis. Asegurámonos de utilizar materiais duradeiros que se poidan lavar para que poidas usar o protector de colchón durante moitos anos.