Un fermoso escritorio de bambú. Perfecto independentemente do ángulo desde que o mires, para que poidas poñelo no medio do cuarto se é o que queres. Con tres caixóns tamaño A4 para gardar follas ou obxectos pequenos.
Detalles do produto
O bambú é un material duradeiro, renovable e sostible.
A súa parte traseira está tratada polo que se pode colocar no medio do cuarto.
Os topes evitan que o caixón saia.
Mikael Axelsson
Medicións
- Peso máximo: 50 kg
- Peso máximo/caixón: 0.50 kg
- Ancho: 49 cm
- fondo: 102 cm
- Altura: 74 cm
- Altura: espazo libre baixo o moble: 67 cm
- Ancho de caixón (int): 23 cm
- Fondo de caixón (int): 32 cm
Opinións dos clientes
Accesorios para LILLÅSEN
As túas olladas
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración nun espazo virtual antes de mercar para atopar os que mellor se adapten ao teu fogar.

Material
Que é o bambú?
Resistente, flexible e unha das plantas de crecemento máis rápido que hai no mundo. O bambú ten moitas utilidades, tantas que o converten nun material renovable de primeira orde porque, de feito, é unha herba que non precisa fertilizantes nin ser regada para medrar. Para que unha planta de bambú sexa aproveitable teñen que pasar entre 4 e 6 anos. En IKEA utilizámolo para facer mobles, decorados para o baño ou mesmo lámpadas... en realidade sempre estamos a argallar para darlle unha aplicación nova.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
“Máis un fogar e menos un espazo de traballo. Ese foi o meu punto de partida para deseñar o escritorio LILLÅ SEN. A idea é proporcionar un lugar creativo en calquera recuncho da casa, máis que decorar un espazo de traballo. As patas en ángulo diferénciano dos escritorios tradicionais. E como a maioría de nós só necesitamos un portátil para as nosas cousas, LILLÅ SEN é un pouquiño máis pequeno que os escritorios normais. Fácil de poñer en calquera recuncho, e moi cómodo de utilizar".