Freddy mostra como se poden dispoñer as estruturas en vertical, horizontal ou ao xeito dunhas escaleiras, para despois completarse con andeis, cestos de arame, raíl para a roupa, caixóns e portas. "Mesmo pode utilizarse o exterior. Nesta parte, podes colocar ganchos ou un raíl para a roupa e fixalo entre dúas estruturas".
Buscabamos a maneira de crear máis espazo de almacenaxe no exterior das solucións PLATSA e creamos LÄTTHET: ganchos, guías e patas que lle dan unha nova dimensión á túa almacenaxe.
Detalles do produto
As patas LÄTTHET están pensadas para as solucións PLATSA. Ademais de aportarlles sensación de lixeireza e amplitude, permiten limpar por debaixo.
As patas regulables permiten corrixir posibles desniveis no chan.
Ola Wihlborg
Información útil
Combina co sistema de armarios PLATSA.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Tubo exterior/ Tubo interior/ Parafuso autoenroscable:
- NOTRANS, NOTRANS
- Bandexa:
- NOTRANS, NOTRANS
- Rosca/ Pé:
- NOTRANS
Mantemento
Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.
Secar cun pano seco.
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
LÄTTHET Pata503.955.94Medicións
- Altura: 11 cm
- diámetro: 3 cm
- Unidades: 4 pack
Embalaxe
LÄTTHET
Número de artigo503.955.94- Ancho: 13 cm
- Alto: 4 cm
- Longo: 14 cm
- Peso: 0.78 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes

Cambia contigo
A nosa casa a miúdo ten unhas dimensións limitadas, polo que pode ser desafiante atopar un lugar para todo. Co sistema de almacenaxe PLATSA, queriamos crear unha solución de almacenaxe versátil e sinxela que poidas refacer e ampliar, tanto vertical como horizontalmente, nos laterais ou no medio. Por riba de todo, o prezo debía ser baixo, e a calidade, alta. A solución: a calidade axeitada no lugar axeitado.
"Todo o que precisas son as túas mans", di o desenvolvedor de produto Freddy Kramer mentres encaixa unha estrutura PLATSA con outra. Encaixar, si. O secreto e un tipo de conector chamado cuña. Freddy continúa explicando por que é un aspecto importante o feito de poder montar ou separar estruturas con facilidade. "A vida das persoas hoxe en día non deixa de cambiar: mudámonos máis a miúdo, vivimos en espazos máis pequenos e ás veces compartimos a nosa casa. Por iso nosas necesidades cambian ao longo da vida".
Separa e reconfigura
Amor nunha caixa branca
Para que PLATSA fose realmente duradeira, a calidade foi tan importante como a flexibilidade e a facilidade de montaxe. Porén, mellorar a calidade sen aumentar o prezo non é tarefa doada. "A calidade axeitada no lugar axeitado", di Freddy, e abre unha porta de armario. "Aquí, no exterior da porta, que podes ver e tocar todos os días, utilizamos unha lámina mate cunha textura fina, mentres que o interior, sen expoñer, está recuberto cunha lámina base máis sinxela". O proxecto PLATSA esixiu moito tempo e compromiso, mais tamén deu os seus resultados. "Estas caixas brancas baleiras para as estruturas, poden non dicirche moito a primeira vista, mais en realidade son caixas brancas cheas de amor", conclúe Freddy cun sorriso.
Material
Que é o aceiro?
O aceiro ten unhas peculiaridades únicas, xa que conserva a súa dureza aínda cando se traballa e dá forma. Mellora a resistencia de calquera cousa, desde rañaceos ata coches, pasando por estruturas de cama e mobles de xardín. Este sector está buscando a maneira de producir aceiro máis forte e dunha maneira máis eficiente. Hoxe, o aceiro é un dos materiais máis reciclados do mundo, sen que o proceso de reciclaxe implique que perda as súas propiedades.




