Saltar
Novidade

LASTARE Combinación armario, amarelo, 60x42x100 cm

55€
Os pomos e tiradores véndense por separado. Os accesorios que te axudan a organizar o interior do armario véndense á parte.
  • LASTARE Combinación armario, branco, 60x42x100 cm
  • LASTARE Combinación armario, amarelo, 60x42x100 cm

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Un armario con portas dobres que cabe mesmo en espazos reducidos. O interior pódese completar con accesorios ALTARLIDEN e adaptarse a medida que o teu fillo medra, e os pomos e tiradores fan a solución personalizable.

Número de artigo996.036.76

Detalles do produto

Este rechamante armario amarelo proporciona unha chea de espazo de almacenaxe ocupando moi pouco espazo horizontal. Ao ter unha estrutura e portas de pouco fondo, é ideal para espazos pequenos.

Ten unha altura ideal para os nenos, xa que alcanzan as cousas eles sós.

Podes mover e regular os elementos interiores do armario segundo as necesidades do teu fillo; ademais, as perchas infantís quedan de marabilla.

Organiza o interior cos accesorios interiores ALTARLIDEN e completa o exterior coas solucións intelixentes da serie HÄNGIG.

As patas regulables permiten corrixir as irregularidades do chan.

Número de artigo996.036.76

Información útil

Os pomos e tiradores véndense por separado.

Os accesorios que te axudan a organizar o interior do armario véndense á parte.

As portas e as bisagras están incluídas.

Para colocar os organizadores para adultos no armario, é preciso mudar a barra para colgar roupa por unha barra para colgar roupa frontalmente ALTARLIDEN.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Cadro con portas
Panel superior/ Lateral/ Taboleiro inferior/ Porta:
Taboleiro de partículas, Pintura acrílica, Bordo de plástico
Dorso:
Taboleiro de fibras, Pintura, Folla de papel
Barra para armario

Aceiro, Revestimento epoxi/poliéster en po

Mantemento

Combinación armario

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Cadro con portas/barra para armario

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

IMPORTANTE! Risco de envorcadura: para reducir o risco de este moble envorcar, é necesario ancoralo con seguridade. Utiliza chavetas e parafusos aptos para o teu fogar. En caso de dúbida, consulta cun profesional.

Medicións

  • Ancho: 60 cm
  • fondo: 42 cm
  • Altura: 100 cm

Embalaxe

Este produto ven en 2 paquete(s).

LASTARE

Número de artigo106.174.84
  • Ancho: 41 cm
  • Alto: 11 cm
  • Longo: 104 cm
  • Peso: 23.18 kg
  • Paquete(s): 1

ALTARLIDEN

Número de artigo605.966.91
  • Ancho: 3 cm
  • Alto: 3 cm
  • Longo: 61 cm
  • Peso: 0.16 kg
  • Paquete(s): 1

Accesorios para LASTARE

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de