"Colaboramos con ROG todo o tempo e coñecemos tanto a xogadores profesionais como a gamers de alto rendemento", conta Sofia. Tras bombardear aos xogadores con preguntas e velos en acción, para o equipo, e para ela mesma, quedou claro onde podía marcar a diferenza IKEA. "Vimos a necesidade de cadeiras cómodas e ergonómicas e de complementos para as longas sesións de xogo, mobles e accesorios estables que mellorasen a precisión, e almacenaxe intelixente para os equipos. Pero tamén desenvolvemos solucións que facilitasen a posibilidade de comer e beber sen ensuciar mentres xogaban".
Con este protector poderás centrarte exclusivamente en gañar a partida, sen a preocupación de as rodas da cadeira estragaren o chan ou esmagaren algunha cousa, como os dedos dos pés. De paso evitarás pousar os pés no chan frío.
Detalles do produto
Crea un ambiente gaming de luxo e protexe o chan fronte ás rascadelas e á sucidade das rodas da cadeira gaming.
O protector de chan ten unha capa de goma na parte inferior. Esta evita que o protector se mova do seu sitio e permite que as rodas da cadeira xiren suave e tranquilamente.
O protector do chan tamén amortece o son, unha característica que sen dúbida agradecerá a xente que viva cerca.
A superficie é duradeira e límpase facilmente, mesmo no medio dunha partida.
IKEA of Sweden
Información útil
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Tecido superior:
- 100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
- Lámina protectora:
- 100 % caucho sintético
Mantemento
Non se debe lavar á máquina.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Limpar cun pano húmido.
Se o protector de chans permanece sobre este durante un período prolongado, o chan podería danarse ao pasar a aspiradora. Polo tanto, levanta o protector de chans a intervalos regulares para facilitar a ventilación.
Medicións
- Ancho: 100 cm
- lonxitude: 110 cm
- superficie: 1.10 m²
Embalaxe
LÅNESPELARE
Número de artigo805.077.93- Ancho: 100 cm
- Alto: 0 cm
- Longo: 110 cm
- Peso: 3.41 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes

A xogar!
En IKEA temos moita experiencia na vida no fogar, pero somos novos no mundo dos videoxogos. Por iso decidimos traballar en equipo con recoñecidos expertos de Republic of Gamers (ROG) para comprender mellor como é a vida diaria dos xogadores de PC máis fanáticos. O resultado foron escritorios, cadeiras, almacenaxe e accesorios que poden axudar a máis xogadores a conseguir máis vitorias.
Pregúntalle a calquera gamer. Diranche que os videoxogos son máis ca un pasatempo. Son un xeito de relaxarse e de conectar cos demais. Para algúns, mesmo son un medio de vida. Cando Sofia Wiktorsson, unha de nosas desenvolvedoras de produto, empezou a traballar coa nosa nova variedade para gamers, entrou nun universo completamente novo, o dos videoxogos.
Pasamos de pantalla para axudar a máis gamers
Gaming democrático
Hai varios miles de millóns de gamers no mundo, pero non é un grupo uniforme de persoas: a diversidade é grande, e hai diferentes culturas, idades, niveis educativos e de ingresos. "Queremos que poidas adaptar o espazo de gaming aos teus gustos e necesidades, independentemente de onde proveñas, se vives só ou con outra persoa", explica Sofia. "Os produtos deben estar en consonancia co resto das cousas que as persoas teñen na casa. É a nosa maneira de democratizar a experiencia gaming, tanto para os gamers como para quen non xoga".







