LÅNESPELARE Coxín/colcha multifunción
Como conseguilo
Precisas máis apoio lumbar, algo no que deitarte, unha manta enriba dos ombros ou algo que che quente o corpo? Este coxín é a solución definitiva, xa que podes transformalo nun chiscar de ollos.
Detalles do produto
Podes transformar rapidamente este coxín nunha manta ou un pixama dunha peza cómodo, e dobralo para volver transformalo en coxín cando o precises.
Fácil de manter impecable, xa que se pode lavar na lavadora.
Jon Karlsson
Medicións
- Longo do coxín: 40 cm
- Anchura do coxín: 60 cm
- Longo da colcha: 150 cm
- Anchura da colcha: 150 cm
- Peso do recheo: 440 g
- Peso total: 1300 g
Opinións dos clientes

A xogar!
En IKEA temos moita experiencia na vida no fogar, pero somos novos no mundo dos videoxogos. Por iso decidimos traballar en equipo con recoñecidos expertos de Republic of Gamers (ROG) para comprender mellor como é a vida diaria dos xogadores de PC máis fanáticos. O resultado foron escritorios, cadeiras, almacenaxe e accesorios que poden axudar a máis xogadores a conseguir máis vitorias.
Pregúntalle a calquera gamer. Diranche que os videoxogos son máis ca un pasatempo. Son un xeito de relaxarse e de conectar cos demais. Para algúns, mesmo son un medio de vida. Cando Sofia Wiktorsson, unha de nosas desenvolvedoras de produto, empezou a traballar coa nosa nova variedade para gamers, entrou nun universo completamente novo, o dos videoxogos.
Pasamos de pantalla para axudar a máis gamers
"Colaboramos con ROG todo o tempo e coñecemos tanto a xogadores profesionais como a gamers de alto rendemento", conta Sofia. Tras bombardear aos xogadores con preguntas e velos en acción, para o equipo, e para ela mesma, quedou claro onde podía marcar a diferenza IKEA. "Vimos a necesidade de cadeiras cómodas e ergonómicas e de complementos para as longas sesións de xogo, mobles e accesorios estables que mellorasen a precisión, e almacenaxe intelixente para os equipos. Pero tamén desenvolvemos solucións que facilitasen a posibilidade de comer e beber sen ensuciar mentres xogaban".
Gaming democrático
Hai varios miles de millóns de gamers no mundo, pero non é un grupo uniforme de persoas: a diversidade é grande, e hai diferentes culturas, idades, niveis educativos e de ingresos. "Queremos que poidas adaptar o espazo de gaming aos teus gustos e necesidades, independentemente de onde proveñas, se vives só ou con outra persoa", explica Sofia. "Os produtos deben estar en consonancia co resto das cousas que as persoas teñen na casa. É a nosa maneira de democratizar a experiencia gaming, tanto para os gamers como para quen non xoga".