LÅNESPELARE Almofada cervical
Como conseguilo
- Outros
Esta almofada cervical suave segue o contorno do pescozo e fornece un soporte agradable que te axuda a relaxarte mentres xogas. É fácil de fixar á maior parte de cadeiras de gaming e de oficina con respaldo alto.
Detalles do produto
A tira axustable permíteche adaptar a almofada á forma do pescozo.
A correa con peche axustable permíteche amarralo á túa cadeira favorita.
Fácil de limpar, xa que a funda de tea é extraíble e pódese lavar na lavadora.
O tecido de algodón ten un tacto suave en contacto coa pel.
Proporciona un bo soporte para o pescozo e é compatible coas cadeiras para videoxogos HUVUDSPELARE e UTESPELARE.
Jon Karlsson
Medicións
- lonxitude: 76 cm
- Peso do recheo: 88 g
- Peso total: 160 g
Opinións dos clientes

A xogar!
En IKEA temos moita experiencia na vida no fogar, pero somos novos no mundo dos videoxogos. Por iso decidimos traballar en equipo con recoñecidos expertos de Republic of Gamers (ROG) para comprender mellor como é a vida diaria dos xogadores de PC máis fanáticos. O resultado foron escritorios, cadeiras, almacenaxe e accesorios que poden axudar a máis xogadores a conseguir máis vitorias.
Pregúntalle a calquera gamer. Diranche que os videoxogos son máis ca un pasatempo. Son un xeito de relaxarse e de conectar cos demais. Para algúns, mesmo son un medio de vida. Cando Sofia Wiktorsson, unha de nosas desenvolvedoras de produto, empezou a traballar coa nosa nova variedade para gamers, entrou nun universo completamente novo, o dos videoxogos.
Pasamos de pantalla para axudar a máis gamers
"Colaboramos con ROG todo o tempo e coñecemos tanto a xogadores profesionais como a gamers de alto rendemento", conta Sofia. Tras bombardear aos xogadores con preguntas e velos en acción, para o equipo, e para ela mesma, quedou claro onde podía marcar a diferenza IKEA. "Vimos a necesidade de cadeiras cómodas e ergonómicas e de complementos para as longas sesións de xogo, mobles e accesorios estables que mellorasen a precisión, e almacenaxe intelixente para os equipos. Pero tamén desenvolvemos solucións que facilitasen a posibilidade de comer e beber sen ensuciar mentres xogaban".
Gaming democrático
Hai varios miles de millóns de gamers no mundo, pero non é un grupo uniforme de persoas: a diversidade é grande, e hai diferentes culturas, idades, niveis educativos e de ingresos. "Queremos que poidas adaptar o espazo de gaming aos teus gustos e necesidades, independentemente de onde proveñas, se vives só ou con outra persoa", explica Sofia. "Os produtos deben estar en consonancia co resto das cousas que as persoas teñen na casa. É a nosa maneira de democratizar a experiencia gaming, tanto para os gamers como para quen non xoga".