KNOXHULT Armario baixo con portas e caixón, branco, 120 cm
Como conseguilo
5 ano de garantía
As unidades de cociña KNOXHULT permitiranche crear unha cociña práctica que se axuste a todas as túas necesidades. Esta unidade de base ten moita capacidade para gardar cousas e podes complementala cun vertedoiro e unha billa.
Detalles do produto
As frontes brancas xunto cos mesados en efecto carballo daranlle á túa cociña un aspecto fresco e clásico.
Esta unidade inclúe unha cómoda superficie de traballo para preparar a comida e permitirache ter á man os utensilios de cociña no armario inferior.
Pódese montar de dúas maneiras diferentes, en función das túas necesidades, co lavabo e á billa á esquerda ou á dereita.
Os caixóns e estantes axustables permítenche organizar o espazo interior dos armarios en función do que gardes neles.
Extensión de ¾ para caixóns para poder ver e acceder ben ao contido.
O mesado laminado é resistente e fácil de manter. Cun pouco de coidado, lucirá como novo durante moitos anos.
Os armarios e as frontes están revestidas con melamina, un material que os protexe das rabuñaduras e fácil de limpar.
Adapta o espazo interno dos caixóns e armarios con organizadores de interiores. Véndense por separado.
5 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
IKEA of Sweden
Información útil
Inclúe: armario, portas, caixón, mesado, patas, zócolo, andeis, gonzos e ferraxes.
O vertedoiro, o colector de auga, a billa e asas ou tiradores véndense por separado.
Fixar á parede para unha instalación segura. A fixación mural que se utilice dependerá do tipo de parede. Emprega fixacións adaptadas ás paredes da túa casa. Véndense á parte
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Armario de cociña/ Porta/ Fronte de caixón:
- Taboleiro de partículas, Lámina de melamina, Bordo de plástico, Bordo de plástico
- Caixóns:
- Taboleiro de partículas, Folla de plástico
- Traseira:
- Taboleiro de fibras, Pintura acrílica
- Mesado:
- Taboleiro de partículas, Laminado de melamina de alta presión, Laminado de melamina de alta presión, Bordo de plástico, Bordo de plástico, Papel
Mantemento
Secar cun pano seco.
Limpar con un pano suave humedecido en auga e, se fose necesario, un limpador non abrasivo.
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
KNOXHULT Armario baixo con portas e caixón303.267.90Consellos e instrucións de coidado
KNOXHULT Armario baixo con portas e caixón303.267.90KNOXHULT Armario baixo con portas e caixón303.267.90Medicións
- Lonxitude mesado: 122.0 cm
- Ancho: 120 cm
- fondo: 61.0 cm
- Altura: 91.0 cm
Embalaxe
KNOXHULT
Número de artigo303.267.90- Ancho: 64 cm
- Alto: 5 cm
- Longo: 143 cm
- Peso: 25.50 kg
- Paquete(s): 1
- Ancho: 61 cm
- Alto: 6 cm
- Longo: 123 cm
- Peso: 21.70 kg
- Paquete(s): 1
- Ancho: 59 cm
- Alto: 6 cm
- Longo: 135 cm
- Peso: 16.50 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Material
Que é un taboleiro de partículas?
O taboleiro de partículas está feito de madeira reciclada e serraduras, polo que as pezas de madeira con tonalidades inadecuadas, achas e serraduras son convertidas en recursos no canto de en refugallos. Utilizamos estes taboleiros para facer estantes, estruturas de cama, sofás e estruturas de cociña. Para protexelo da humidade e do desgaste, botámoslle verniz, chapa ou laminado que ademais realzan o aspecto do moble.






