KLAPPA Libro con ilustracións
Como conseguilo
Por medio do xogo, o teu bebé desenvolve os sentidos e interactúa contigo e co mundo que lle rodea. Con este libro con ilustracións da colección KLAPPA, queremos contribuír a esta importante viaxe de descubrimentos.
Detalles do produto
Os diferentes motivos, sons e materiais chaman a atención do bebé e estimulan os seus sentidos e habilidades motoras.
Cabe perfectamente na pequena man do neno.
Malin Unnborn
Medicións
Opinións dos clientes

O xogo fainos humanos
Mira, toca, empurra, ergue... O xogo é un xeito de facer que o teu bebé desenvolva os sentidos, se oriente e intente comprender o mundo que o rodea. Coa colección de xoguetes KLAPPA, quixemos desenvolver xoguetes que estimulen esta viaxe de descubrimentos e que contribúan á imprescindible interacción entre o teu bebé e ti. Dende un punto de vista social, o cativo medra mediante o xogo e torna así nun ser humano.
Cando os ollos dun bebé acabado de nacer se abren por primeira vez, o sistema nervioso central aínda non está completamente desenvolto. Os seus ollos non son quen de ver a unha distancia maior a 20-40 cm, é dicir, a distancia á que ten a cara da nai lactante. Porén, ao interactuar con diversas impresións, como as cores, formas, o tacto e sons, estimúlase o desenvolvemento do pequeno cerebro do bebé. Así o explica o investigador Krister Svensson, estudoso dende hai anos do desenvolvemento dos bebés, do xogo e da aprendizaxe. "Tampouco debemos esquecer que o descanso é igual de importante que a estimulación. Ocasionalmente, o cerebro precisa descansar das impresións a fin de clasificar todos eses estímulos e relacionalo co que ten rexistrado con anterioridade".
Os detalles incitan ao xogo
Os xoguetes adaptados ao bebé poden contribuír a estas importantes impresións que estimulan o desenvolvemento do seu cerebro. Mais, que é o que realmente fai que un xoguete sexa incitador para o bebé? "A miúdo é algo que destaca ao seu arredor e lle resulta rechamante", afirma Krister. "Quizais as marcas negras dunha xirafa amarela ou o son dun axóuxere". A deseñador Malin Unnborn, deseñadora da colección de xoguetes KLAPPA, quería atopar eses detalles específicos que podían atraer a curiosidade e incitar ao xogo. "Por exemplo, para o libro de contos e a bóla utilicei cores con contrastes fortes e tecidos con diferentes texturas, como brillante e mate, liso e rugoso". Na manta, na esteira e no ximnasio infantil, Malin creou cerros de tiburón, orellas e outros detalles que sobresaen o suficiente para que uns dedos pequenos e curiosos os belisque.
Os xoguetes posibilitan a interacción
KLAPPA tornouse nun mundo enteiro de animais, plantas e planetas creativos cos que explorar. "Quizais non é tan importante para o bebé que sexa un cangrexo mirando cara a arriba dende o bordo da esteira", comenta Malin. "Porén, pode incitar a un neno a xogar co seu irmán pequeno". Krister considera que os xoguetes tamén desempeñan unha función social importante no desenvolvemento do cativo. "Actúan como ferramentas para a interacción social entre o teu cativo e mais ti, ademais es ti quen lles dá vida e significado aos xoguetes". Por exemplo, ao nomear un axóuxere como 'xirafa amarela', podes falar diso e, cando vos roldedes sostendo a xirafa, o cativo comeza a comprender a como eles mesmos forman parte dun contexto. "O xogo baséase na interacción e é unha necesidade básica para o desenvolvemento dun ser humano", asegura Krister. "Ser humano esixe interactuar con outras persoas".
Material
Que é o algodón?
O algodón é unha das fibras naturais máis apreciadas e utilizadas do mundo. Os tecidos de algodón son suaves, resistentes e pódense lavar a altas temperaturas. Tamén respiran ben e absorben a humidade, polo que son agradables de levar preto do corpo. Hoxe en día, en IKEA utilizamos cada vez máis algodón reciclado e esforzámonos por asegurarnos de que todo o algodón novo que utilizamos cultivouse e producido con cantidades cada vez menores de pesticidas, fertilizantes e auga.