KAFFEREP Galletas de xenxibre
Como conseguilo
Unha das tradicións suecas máis queridas e a "fika", socializar tomando un café e galletas. Coas lambetadas da serie KAFFEREP, queremos compartir a tradición para que máis ente goce de momentos fika.
Detalles do produto
Un clásico sueco. Doce e crocante cun toque de xenxibre.
Unha tradicional galleta sueca de Nadal que hoxe en día pode saborearse en todo o mundo.
Listas para servir, son ideais para a pausa do café.
Medicións
- Peso neto: 600 g
Opinións dos clientes

Compartir co mundo unha tradición sueca
Algunha vez tomaches unha cunca de café e un doce para acompañala? Entón, sen sabelo, viviches unha das tradicións máis queridas de Suecia: o fika. Non é esaxerado dicir que en Suecia todo o mundo fai fika. Pero como a xente está cada vez máis ocupada, o fika caseiro xa non é a norma. Entre o traballo, a familia e as afeccións, fai falta unha opción máis fácil. Aquí é onde entra en xogo a serie KAFFEREP.
KAFFEREP ofrece galletas, bolaría e lambetadas inspiradas no noso amor polo fika e todo o que representa. Atoparás galletas tradicionais como as de avea e as de xenxibre. No noso Mercado de Produtos Suecos atoparás todo o que necesitas para o fika, para que calquera poida compartir a nosa prezada tradición.
Fika nun mundo moderno
Jenny Odenmo é unha das compañeiras de traballo de IKEA que axudou a introducir KAFFEREP. Goza dos momentos fika cos compañeiros de traballo na oficina e cos amigos ou veciños que se pasan por alí. Pero Jenny ten unha vida moi atarefada e non lle sobra o tempo. "Aos meus fillos gústalles enfornar. A min gústame enfornar, pero non diría que enfornamos todas as semanas. Non é posible. Non temos tempo. Así que sempre teño un fika de reserva no armario", di Jenny. "Somos unha familia moderna e necesitamos a comodidade". De feito, as reservas de Jenny son algúns dos seus pratos favoritos. As galletas de avea con chocolate de KAFFEREP non duran moito na súa casa. "Teñen un chocolate negro incrible entre galletas crocantes. Abro un paquete e desaparecen".
Compartir o amor polo fika
Agora que IKEA ofrece tanto un bo café como saborosos doces, o fika é máis accesible. "A oferta de KAFFEREP é bastante ampla", di Jenny. "Temos unha boa combinación. En realidade, é todo o que necesitas para pasar un bo momento fika".
Funcionalidade
O sete é un número máxico
Do kafferep á fika, a tradición sueca de xuntarse na casa para socializar, beber café e comer galletas vén de vello. Naceu sobre o século XIX e o habitual era que o anfitrión servise exactamente sete tipos de galletas aos seus hóspedes. Quen servise menos era considerado avaro e quen servise máis era considerado fachendoso. Porén, sete era a cantidade exacta. En IKEA adoramos compartir momentos especiais con outras persoas, o número de galletas dános igual.