Ter en orde a casa agora é máis sinxelo. O sistema JONAXEL permíteche gozar de xeito máis eficiente do espazo e crear unha solución á medida das túas necesidades. Podes situalo mesmo na zona para a coada e no baño.
Detalles do produto
Nesta combinación de armario, hai moito espazo para colgar camisas, dobrar xerseis e gardar os teus zapatos e bolsos.
IKEA of Sweden
Medicións
- Ancho: 99 cm
- fondo: 51 cm
- Altura: 173 cm
Opinións dos clientes
Accesorios para JONAXEL
Design your own JONAXEL storage
Queres personalizar o aspecto e as funcións de JONAXEL de xeito que se adapte ao teu espazo, ás túas necesidades e ao teu gusto?


Pon o monstro do teu armario a dieta
Sabes que se agocha nos teus armarios? Quizais algunha roupa que gardas para cando che sirva, equipamento deportivo, zapatos, paraugas e cousas que non tiñan nin que estar aí. Porén, en todos os armarios hai tamén un espazo valioso. O sistema de almacenaxe JONAXEL permite un uso intelixente, dende as esquinas esquecidas ata o espazo baleiro que chega ao teito.
Cando queremos ordenar o fogar, pode parecer sensato deixar as cousas tiradas nun espazo escuro e confinado e esquecerse delas. Porén, iso ten un inconveniente. Pode transformar o teu armario nun monstro. "A longo prazo tórnase difícil saber o que tes, as cousas desaparecen e acabas cunha desorde que pode ser estresante", di Paul Hughes, un dos responsables do desenvolvemento de JONAXEL.
A verdade sobre o terreo
Para descubrir a mellor maneira de axudar ás persoas con problemas coma este, Paul e os seus compañeiros visitaron varios fogares en tres continentes. Fixeron fotos e bombardearon aos propietarios con preguntas relacionadas coa almacenaxe. "Chegamos a ver a dura verdade, e non sempre era algo bonito", di Paul cun sorriso. "Moitas persoas teñen armarios cun só andel e unha barra debaixo. É simple, mais non moi funcional. Enchen o andel ata os topes e penduran todo o que poden na barra, mentres que o resto acaba no chan".
Aforra tempo e mais espazo
É bastante común que outros aspectos da vida se interpoñan para ter un espazo ordenado na vida cotiá: ou non temos enerxía, tempo ou interese en solucionalo. "Por iso tivemos que pensar nunha solución sinxela fácil de levar á práctica", di Paul. A unidade JONAXEL máis pequena cabe en case calquera espazo e permite crear máis almacenaxe con só encastelar unidades unha enriba doutra. "É un sistema que che permite tomar o control dos espazos que tes. Axuda cara a unha vida máis organizada e cara a unha estratexia para manter os monstros do armario a raia para que non medren de máis".
Material
Que é o aceiro?
O aceiro ten unhas peculiaridades únicas, xa que conserva a súa dureza aínda cando se traballa e dá forma. Mellora a resistencia de calquera cousa, desde rañaceos ata coches, pasando por estruturas de cama e mobles de xardín. Este sector está buscando a maneira de producir aceiro máis forte e dunha maneira máis eficiente. Hoxe, o aceiro é un dos materiais máis reciclados do mundo, sen que o proceso de reciclaxe implique que perda as súas propiedades.