Buscas un deseño rechamante que marque tendencia? JÄTTESTA é a elección ideal para almacenaxe e como expositor. Con forma e de materiais elegantes para crear unha sala de estar á medida.
Detalles do produto
Utiliza este elegante moble para crear un recuncho cómodo na túa casa onde ver o televisor.
O moble inclúe un portacables, deste xeito sempre terás os cables á man, pero lonxe de olladas indiscretas.
O panel traseiro agocha os cables e condúceos ata a parte inferior do moble.
Ofrece unha aparencia moderna cunha mestura de materiais. Os andeis de bambú son redondeados e as patas metálicas proxéctanse a un ángulo de 45 graos, o que transmite maior redondez.
O bambú é un material renovable proveniente dunha das plantas que máis rápido medran de todo o mundo. É resistente e cuns pequenos coidados estará contigo durante moitos anos.
Pódese utilizar independentemente ou combinar con outros mobles da serie JÄTTESTA.
Combina estupendamente con lámpada altofalante con wifi SYMFONISK.
Maja Ganszyniec
Información útil
Recomendamos un moble de TV un chisco máis largo có propio televisor. Este moble é compatible con televisores de ata 63 polgadas. Podes colocar un televisor meirande, sempre que non pese máis que a carga máxima especificada.
O panel superior do moble para o televisor pode soportar ata un máximo de 30 kg.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Panel:
- NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
- Estrutura:
- NOTRANS, NOTRANS
- Tapón:
- NOTRANS
Mantemento
Limpar cun pano húmido.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Medicións
- Ancho: 160 cm
- fondo: 40 cm
- Altura: 49 cm
- Peso máximo/andel: 30 kg
- Peso máx. TV: 30 kg
Embalaxe
JÄTTESTA
Número de artigo705.089.34- Ancho: 44 cm
- Alto: 10 cm
- Longo: 164 cm
- Peso: 25.30 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
A idea tras o produto
A idea tras o produto
Cando deseñei a serie de almacenaxe JÄTTESTA, a miña idea pasaba por crear un conxunto elegante que actuase como complemento decorativo e funcional. A distancia entre andeis, a profundidade o as dimensións globais ofrecen espazo abondo para gardar ata as caixas máis grandes. Os paneis posteriores actúan como fondo sobre o que colocar as cousas que queiras ter á vista e crean unha expresión visual interesante. O bambú e o metal fan deste moble un obxecto lixeiro, estable, moderno e visual".









