Como conseguilo
Estas albóndegas saben a verdura, xa que conteñen anacos de garavanzos, cenorias, pementos, millo e coliflor. Non conteñen ingredientes de orixe animal, polo que son unha opción excelente para vexetarianos e veganos.
Detalles do produto
Saben a verduras, xa que conteñen anacos grandes de garavanzos, cenorias, pementos, millo e coliflor, que confiren ás albóndegas a súa cor peculiar. Unha alternativa gorentosa ás albóndegas de carne tradicionais.
As albóndegas vexetais poden substituír as albóndegas tradicionais en todos os teus pratos favoritos e son estupendas para acompañar cousas como wraps, ensaladas ou verduras asadas.
Como non contén ingredientes de orixe animal, é ideal para vexetarianos e veganos.
Do conxelador á mesa en poucos minutos. No forno, no microondas ou na placa; escolle como preparalas.
Prepara a cantidade que che fai falla e deixa o resto no conxelador.
Saborosas tanto frías coma quentes. Suxestión: párteas á metade e cómeas nun sándwich.
Medicións
- Peso neto: 1000 g
Opinións dos clientes
As túas olladas
SostibilidadeAs persoas e o planeta
Enerxía e recursos
Sabores celestiais da terra
Gustaríanos animar a máis xente a comer máis alimentos de orixe vexetal. Por que? Porque a súa produción adoita requirir menos auga, menos terra cultivable e menos enerxía, e por tanto é unha alternativa máis sostible. Para que poidas tomar decisións sostibles na túa vida diaria e reducir a túa pegada climática, o noso restaurante, o noso bar e o noso mercado sueco de alimentos ofrecen diversas alternativas vexetais. E unha cousa máis: esta comida da terra tamén é celestialmente saborosa!

Unha infinidade de posibilidades
A receita que utilizamos actualmente para facer as nosas albóndegas clásicas en IKEA viu a luz en 1985. Desde entón, as albóndegas de IKEA convertéronse en todo un exemplo de todo o que a cociña tradicional sueca ten que ofrecer. Porén, cando lles preguntamos ós nosos clientes e clientas cal era a súa comida favorita, decatámonos de que tiñamos que ampliar a nosa familia de albóndegas e ofrecer outras alternativas saborosas.
"Non todo o mundo come carne de vaca nin de porco, así que volvemos entrar na cociña para crear novas receitas", di David Johansson, chef e creador de produtos en IKEA Food Services. Primeiro veu a albóndega de polo, unha alternativa para aquelas persoas ás que lles gusta a carne, pero non necesariamente a carne vermella. "Ó igual cás albóndegas tradicionais, pódense servir frías ou quentes, e condimentámola lixeiramente para adaptala ás distintas cociñas e sabores locais".
Novos sabores na forma clásica
A sostibilidade era outra das razóns de peso para crear opcións novas. "Coas albóndegas de verduras queriamos ofrecer algo igual de apreciado cás albóndegas clásicas, pero con menor impacto ambiental", explica David. Despois viñeron as albóndegas de salmón e bacallau. Conteñen anacos de salmón, demasiado pequenos para servilos como un filete enteiro. "É unha carne moi saborosa, así que pensamos, por que non facer albóndegas de peixe con eses anacos?, di David.
Recrear as albóndegas de carne, sen carne
A nova incorporación á familia é a albóndega de proteína vexetal. Está feita con proteína de ervella, patacas, mazá, avea e cebola, aínda que ten un sabor e unha suculencia equiparable ó das albóndegas de carne. Ademais, son perfectas para aquelas persoas que querer reducir o consumo de carne sen renunciar a nada. "Moitas cousas cambiaron desde 1985. Agora máis persoas poderán probar estas deliciosas iconas de IKEA. Independentemente de elas seguiren unha dieta flexitariana, vegana, carnívora ou das súas necesidades dietéticas ou preferencias culturais".
Form design process
Albóndegas con verduras
Albóndegas vexetais HUVUDROLL, o nome xa o di todo. Saben e conteñen verduras, con anacos grandes e visibles de garavanzos, chícharos, cenorias, pementos, millo e coliflor que lles confiren cores peculiares. Non conteñen ingredientes de orixe animal, polo que son ideais para vexetarianos e veganos ou para aquelas persoas que queren reducir a súa pegada de carbono. Unha alternativa ecolóxica e deliciosa ás nosas famosas albóndegas!