Como conseguilo
As nosas albóndegas lanzáronse en 1985, e encántanlle a xente de todo o mundo. Con puré de pataca, salsa de nata e marmelada de arandos vermellos, non poden ser máis suecas. Son unha saborosa icona IKEA, fáciles de cociñar e servir.
Detalles do produto
Servidas con puré de pataca, salsa de nata e marmelada de arandos vermellos, as albóndegas HUVUDROLL non poden ser máis suecas. Cada ano, gozan delas millóns de persoas de todo o mundo.
Un delicioso símbolo de IKEA desde 1985. Suavemente sazonadas para potenciar o sabor da carne, pódense preparar con condimentos tradicionais ou con combinacións novas.
As albóndegas deben saber a carne. Pos iso condimentamos a carne de tenreira e porco con ingredientes que resaltan o seu sabor.
Do conxelador á mesa en poucos minutos. No forno, no microondas ou na placa; escolle como preparalas.
Prepara a cantidade que che fai falla e deixa o resto no conxelador.
Saborosas tanto frías coma quentes. Suxestión: párteas á metade e cómeas nun sándwich.
Medicións
- Peso neto: 1000 g
Opinións dos clientes

Unha infinidade de posibilidades
A receita que utilizamos actualmente para facer as nosas albóndegas clásicas en IKEA viu a luz en 1985. Desde entón, as albóndegas de IKEA convertéronse en todo un exemplo de todo o que a cociña tradicional sueca ten que ofrecer. Porén, cando lles preguntamos ós nosos clientes e clientas cal era a súa comida favorita, decatámonos de que tiñamos que ampliar a nosa familia de albóndegas e ofrecer outras alternativas saborosas.
"Non todo o mundo come carne de vaca nin de porco, así que volvemos entrar na cociña para crear novas receitas", di David Johansson, chef e creador de produtos en IKEA Food Services. Primeiro veu a albóndega de polo, unha alternativa para aquelas persoas ás que lles gusta a carne, pero non necesariamente a carne vermella. "Ó igual cás albóndegas tradicionais, pódense servir frías ou quentes, e condimentámola lixeiramente para adaptala ás distintas cociñas e sabores locais".
Novos sabores na forma clásica
A sostibilidade era outra das razóns de peso para crear opcións novas. "Coas albóndegas de verduras queriamos ofrecer algo igual de apreciado cás albóndegas clásicas, pero con menor impacto ambiental", explica David. Despois viñeron as albóndegas de salmón e bacallau. Conteñen anacos de salmón, demasiado pequenos para servilos como un filete enteiro. "É unha carne moi saborosa, así que pensamos, por que non facer albóndegas de peixe con eses anacos?, di David.
Recrear as albóndegas de carne, sen carne
A nova incorporación á familia é a albóndega de proteína vexetal. Está feita con proteína de ervella, patacas, mazá, avea e cebola, aínda que ten un sabor e unha suculencia equiparable ó das albóndegas de carne. Ademais, son perfectas para aquelas persoas que querer reducir o consumo de carne sen renunciar a nada. "Moitas cousas cambiaron desde 1985. Agora máis persoas poderán probar estas deliciosas iconas de IKEA. Independentemente de elas seguiren unha dieta flexitariana, vegana, carnívora ou das súas necesidades dietéticas ou preferencias culturais".
Form design process
Con sabor a Suecia
Se Suecia tivese sabor, sabería como as albóndegas HUVUDROLL. Desde que lanzamos as nosas albóndegas en 1985, millóns de persoas cómenas e adoran cada ano en todas partes. Para realzar o sabor da carne, están suavemente sazonadas. Podes servilas clasicamente con puré de patacas, salsa de nata e marmelada de arandos vermellos, un prato con harmonía e contrastes de sabor, ou elixir novas combinacións máis inesperadas. Independentemente de como se gocen, nosas albóndegas son sempre unha saborosa icona!