HJÄLTEROLL Muesli, con cacao e bagas secas/Rainforest Alliance Certified, 400 g
Como conseguilo
HJÄLTEROLL é ideal en calquera momento do día, e para toda a familia. Para comezar ben a mañá, como petisco ou sobremesa lixeira pola noite. Escolle entre granola, muesli e porridge.
Detalles do produto
Muesli crocante feito no forno con cacao, flocos de coco e framboesas e amorodos secos doces, cunha base de flocos de avea e centeo.
Delicioso para tomar en calquera momento do día. Goza deste muesli no almorzo, como petisco ou, incluso, como unha sobremesa simple e lixeira con iogur, froita e algo de mel.
Este produto conta coa certificación Rainforest Alliace.
Medicións
- Peso neto: 400 g
Opinións dos clientes
SostibilidadeAs persoas e o planeta
Persoas e comunidades
Un futuro mellor para as persoas e a natureza
O certificado Rainforest Alliance representa unhas técnicas agrícolas máis sostibles e mellores oportunidades para as e os agricultores, as súas familias e a nosa natureza. O programa permite as persoas que se dedican á agricultura traballaren con mellores métodos agrícolas e ofrece unhas condicións de traballo coas que terán un futuro para si mesmas e para as súas fillas e fillos. O obxectivo da Rainforest Alliance é que as e os agricultores poidan ter colleitas que lles dean máis beneficios, ao mesmo tempo que se protexe o medio ambiente e se aseguran os recursos naturais.