25 ano de garantía
As frontes de cociña HAVSTORP teñen un acabado atemporal en gris claro, liñas nítidas e unha superficie lisa. Os paneis danlle á túa cociña un aspecto uniforme que realza a súa expresión harmoniosa.
Detalles do produto
Elixe un panel lateral co mesmo acabado que a porta para todo o moble ter un aspecto uniforme, ou opta por un acabado diferente para darlle un toque de creatividade.
Remata os extremos visibles dos armarios cun panel.
25 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
IKEA of Sweden
Medicións
- Ancho: 61.5 cm
- Sistema, Al: 240 cm
- Sistema, An: 62 cm
- Altura: 240.0 cm
- grosor: 1.3 cm
Opinións dos clientes


A arte de darlle cor á cociña
Soñas cunha cociña colorida, mais non sabes que tal quedará co resto da casa? Para facilitarche a elección, os e as nosas especialistas en cor traballaron arreo ata dar coas tonalidades apagadas para as portas de cociña e as frontes de caixón HAVSTORP.
Dous anos. Iso é o que se vén tardado aproximadamente en crear unha porta de cociña e unha fronte de caixón nova. Dar coa cor axeitada é parte do proceso. Flavia Melesi, que é deseñadora de produtos, di que normalmente o equipo comeza ollando o que acontece no mundo derredor. "Non son as modas rápidas as que inflúen nas cores das portas de cociña e das frontes dos caixóns, iso é máis ben cousa dos movementos pausados que nos encontramos. Queremos dar con cores que se manteñan no tempo, independentemente do grande, pequena, moderna ou tradicional que sexa a túa casa".
Cores seleccionadas con xeito
No caso de HAVSTORP, o equipo creou unha serie de cores apagadas que son perfectas para superficies grandes, como portas de cociña ou frontes de caixóns. O seguinte paso era ver como actuaban as cores cando a luz variaba. "Metimos cada unha das mostras de cor nunha caixa de luz onde podiamos simular os distintos tipos de luz solar e iluminación para ver o comportamento da cor. Buscabamos que os nosos clientes puidesen confiar na cor, ter a seguridade de que unha cociña gris sempre se vexa gris", di Flavia. "A seguridade que che ofrecen as nosas cores é total".
A xogo coa túa casa
En IKEA temos toda unha casa enorme debaixo do mesmo tellado, e iso permítenos probar os nosos produtos novos en distintas situacións e con distintos decorados. "Desa maneira podemos ver as cores no seu contexto axeitado e asegurarnos de que o noso traballo casa ben cos distintos mesados, electrodomésticos, billas e tipos de madeira. Tamén procuramos combinalos co resto da casa para crear un conxunto harmonioso". E despois de decidir a cor para as túas portas de cociña e frontes de caixóns HAVSTORP chegará o momento de elixir as asas, tiradores e outros accesorios, que case é igual de divertido. "Todas esas cousas que lle dan o toque persoal á cociña e que che fan sentir realmente en casa".
Form design process
A arte de darlle cor á cociña
As modas rápidas non inflúen sobre as cores das portas e frontes de caixón da cociña, iso é cousa máis ben dos movementos pausados que encontramos no día a día. Independentemente do grande, pequena, moderna ou tradicional que sexa a túa casa. Despois de dar coa túa cor, aínda che quedará a outra parte, que non é outra que elixir os pomos, os tiradores e outros accesorios. Todas esas cousas danlle á túa cociña un toque persoal.