Queda ben en calquera parte da casa, só ou con outros mobles da serie HAUGA. Este aparador ten moito espazo de almacenaxe, e na parte superior podes mostrar os teus adornos preferidos ou poñer fontes de comida.
Detalles do produto
Queda ben só e con outros mobles da serie HAUGA, tanto se queres crear unha solución harmoniosa como se precisas unha solución de almacenaxe máis ampla.
A túa casa deber ser un lugar seguro para toda a familia, e por iso este moble inclúe unha ancoraxe de seguridade para que poidas suxeitalo á parede.
Como as baldas son regulables, poderás adaptar o espazo segundo as túas necesidades.
As bisagras regulables permítenche montar a porta en horizontal, en vertical ou en profundidade.
A característica balda superior é un trazo común en toda a serie HAUGA e subliña o seu estilo tradicional. O bordo alto impide que as cousas se saian, xa poñas chapeus, caixas ou adornos.
Coas portas do panel podes ter as túas pertenzas ocultas e a salvo do po.
Se queres organizar o interior, pódese complementar cos accesorios interiores da serie STUK.
Ola Wihlborg
Medicións
- Ancho: 140 cm
- fondo: 46 cm
- Altura: 84 cm
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba diferentes mesas con outros mobles e elementos de decoración nun espazo virtual para atopar a mellor combinación para o teu fogar.

Material
Que é un taboleiro de partículas?
O taboleiro de partículas está feito de madeira reciclada e serraduras, polo que as pezas de madeira con tonalidades inadecuadas, achas e serraduras son convertidas en recursos no canto de en refugallos. Utilizamos estes taboleiros para facer estantes, estruturas de cama, sofás e estruturas de cociña. Para protexelo da humidade e do desgaste, botámoslle verniz, chapa ou laminado que ademais realzan o aspecto do moble.