Todos os detalles dos animais están coidadosamente pensados para mellorar os distintos sentidos do neno. "Marcados contrastes de cores, movemento e o son da orella do coello serven de estímulo para o ouvido e os ollos e prenden a faísca da curiosidade. Para coller algo coas mans é importante adestrar a coordinación entre os ollos e as propias mans", explica Stina. Pode que non percibas todos os detalles de primeiras, mais están aí por algo. "O coello ten pestanas bordadas que lle dan personalidade e un aspecto amigable".
GULLIGAST Ximnasio para bebé, multicolor
Como conseguilo
Un ximnasio para bebés con divertidas figuras para xogar e un espello no que o teu fillo pode mirarse a cara e os seus movementos. Todo isto mentres está tombado sobre un tapete suave e mol, perfecto para que empece a tirarse a rebolos.
Detalles do produto
Neste ximnasio para bebés, o teu fillo estará tombado sobre un tapete suave e mol e poderá mirarse no espello e xogar con tres animais e dúas vistosas flores. As figuras son suaves e poden quitarse se o teu bebé quere collelas e tocalas.
Algúns dos obxectos que penduran do ximnasio para bebé fan ruídos. A flor vermella é un axóuxere, o coello chía cando se lle preme a barriga, e as orellas do rato fan un son como o envoltorio dun caramelo.
Os xoguetes da colección GULLIGAST axudan o teu bebé a desenvolver os sentidos e descubrirse a si mesmo e ao mundo que o rodea. Un agasallo ideal para un meniño que acaba de nacer.
Stina Lanneskog
Información útil
A coordinación entre as mans e os ollos do bebé vese beneficiada cando intentan coller os bonecos.
A capacidade de a crianza comprender o espazo que a rodea mellora cando xogan con deseños e cores diferentes.
Os movementos e os contrastes pronunciados estimulan a visión e a curiosidade do bebé.
A alfombra e os peluches resisten ben as puxas e os bicos dos e das máis pequenas, e pódense lavar na lavadora a 40 °C.
Combina á perfección con outros artigos da colección GULLIGAST.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Tea:
- 100 % poliéster
- Recheo:
- 100 % poliéster - fibra oca
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento moderado.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Medicións
- Ancho: 90 cm
- Altura: 49 cm
Embalaxe
GULLIGAST
Número de artigo904.842.58- Ancho: 46 cm
- Alto: 5 cm
- Longo: 102 cm
- Peso: 1.00 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para GULLIGAST
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Unha excursión ao bosque dun conto de fadas
Desde as primeiras etapas da vida, os nenos pequenos adoran saír a descubrir o mundo que os rodea, unha actividade que axuda a desenvolveren os seus sentidos a unha velocidade incrible. A colección de xoguetes para bebés GULLIGAST é como o bosque dun conto de fadas, está chea de animais e plantas fantásticas que estimulan o seu crecemento por medio de cores, formas e sons. É como unha invitación a tocaren, tiraren, escoitaren e observaren.
O coello, o rato e outros animais van, veñen e xogan no mundo fantástico creado por Stina Lanneskog. "Convertín GULLIGAST no bosque dun conto de fadas. Talvez sirva para o teu bebé imaxinar as súas propias historias mentres lle cambias o cueiro e lle falas dos animais que hai no xoguete móbil".
Detalles pequenos pero moi significativos
Xoguetes duradeiros
Todas as partes de GULLIGAST están pensadas para bebés acabados de nacer e para os que xa teñen un par de meses e xa poden coller e suxeitar os animais. Podes despegalos do xoguete móbil e darllos na man, xa que están pensados para que lles dean bicos e lles tiren das orellas. "Despois, cando ao teu bebé lle interesen máis outros xoguetes, un irmán máis novo ou outro bebé poderá herdar GULLIGAST e emprender a mesma viaxe de descubrimento".






