Todos os detalles dos animais están coidadosamente pensados para mellorar os distintos sentidos do neno. "Marcados contrastes de cores, movemento e o son da orella do coello serven de estímulo para o ouvido e os ollos e prenden a faísca da curiosidade. Para coller algo coas mans é importante adestrar a coordinación entre os ollos e as propias mans", explica Stina. Pode que non percibas todos os detalles de primeiras, mais están aí por algo. "O coello ten pestanas bordadas que lle dan personalidade e un aspecto amigable".
GULLIGAST Peluche con son, gris/vermello
Como conseguilo
- Lavable á máquina
É fácil de agarrar por manciñas pequenas e resiste perfectamente as dentadas e os bicos con babas. Se apertas amodo o bandullo do coello, soará un suave xemido que fará sorrir o teu bebé.
Detalles do produto
As cores, formas e sons do peluche estimulan o oído, a visión e as capacidades motrices do teu bebé.
Os xoguetes da colección GULLIGAST axudan o teu bebé a desenvolver os sentidos e descubrirse a si mesmo e ao mundo que o rodea. Un agasallo ideal para un meniño que acaba de nacer.
Os fortes contrastes chaman a atención do bebé.
Son baixo, adaptado ao oído sensible do bebé.
Stina Lanneskog
Información útil
Sabemos o sensible que é a pel dos bebés. Por iso eliximos con coidado os materiais e bordados deste peluche.
Combina á perfección con outros artigos da colección GULLIGAST.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Tea:
- NOTRANS
- Recheo:
- 100 % poliéster - fibra oca (100 % reciclado)
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento moderado.
Non empregar lixivia.
Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Seguridade e conformidade
Medicións
- lonxitude: 18 cm
Embalaxe
GULLIGAST
Número de artigo704.842.59- Ancho: 15 cm
- Alto: 9 cm
- Longo: 25 cm
- Peso: 0.04 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes

Unha excursión ao bosque dun conto de fadas
Desde as primeiras etapas da vida, os nenos pequenos adoran saír a descubrir o mundo que os rodea, unha actividade que axuda a desenvolveren os seus sentidos a unha velocidade incrible. A colección de xoguetes para bebés GULLIGAST é como o bosque dun conto de fadas, está chea de animais e plantas fantásticas que estimulan o seu crecemento por medio de cores, formas e sons. É como unha invitación a tocaren, tiraren, escoitaren e observaren.
O coello, o rato e outros animais van, veñen e xogan no mundo fantástico creado por Stina Lanneskog. "Convertín GULLIGAST no bosque dun conto de fadas. Talvez sirva para o teu bebé imaxinar as súas propias historias mentres lle cambias o cueiro e lle falas dos animais que hai no xoguete móbil".
Detalles pequenos pero moi significativos
Xoguetes duradeiros
Todas as partes de GULLIGAST están pensadas para bebés acabados de nacer e para os que xa teñen un par de meses e xa poden coller e suxeitar os animais. Podes despegalos do xoguete móbil e darllos na man, xa que están pensados para que lles dean bicos e lles tiren das orellas. "Despois, cando ao teu bebé lle interesen máis outros xoguetes, un irmán máis novo ou outro bebé poderá herdar GULLIGAST e emprender a mesma viaxe de descubrimento".




