Todos os detalles dos animais están coidadosamente pensados para mellorar os distintos sentidos do neno. "Marcados contrastes de cores, movemento e o son da orella do coello serven de estímulo para o ouvido e os ollos e prenden a faísca da curiosidade. Para coller algo coas mans é importante adestrar a coordinación entre os ollos e as propias mans", explica Stina. Pode que non percibas todos os detalles de primeiras, mais están aí por algo. "O coello ten pestanas bordadas que lle dan personalidade e un aspecto amigable".
GULLIGAST Móbil de berce para bebé, multicolor
Como conseguilo
Este móbil con figuras de peluche inspírase na natureza e atraerá a atención do teu bebé coas súas caras e motivos. Ademais, crea un ambiente agradable e tranquilo, ideal para o cambio de cueiro.
Detalles do produto
Ter un móbil enriba do cambiador é de gran axuda á hora de cambiar o cueiro. Os movementos suaves e as cores vistosas das figuras captan a atención do bebé e estimulan a súa visión e curiosidade.
Os xoguetes da colección GULLIGAST axudan o teu bebé a desenvolver os sentidos e descubrirse a si mesmo e ao mundo que o rodea. Un agasallo ideal para un meniño que acaba de nacer.
Stina Lanneskog
Información útil
Combina á perfección con outros artigos da colección GULLIGAST.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Tea:
- NOTRANS
- Recheo:
- 100 % poliéster - fibra oca
Mantemento
Lavar á man a 40 °C como máximo.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Consellos e instrucións de coidado
GULLIGAST Móbil de berce para bebé304.842.61Medicións
- diámetro: 13 cm
Embalaxe
GULLIGAST
Número de artigo304.842.61- Ancho: 13 cm
- Alto: 6 cm
- Longo: 14 cm
- Peso: 0.11 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes

Unha excursión ao bosque dun conto de fadas
Desde as primeiras etapas da vida, os nenos pequenos adoran saír a descubrir o mundo que os rodea, unha actividade que axuda a desenvolveren os seus sentidos a unha velocidade incrible. A colección de xoguetes para bebés GULLIGAST é como o bosque dun conto de fadas, está chea de animais e plantas fantásticas que estimulan o seu crecemento por medio de cores, formas e sons. É como unha invitación a tocaren, tiraren, escoitaren e observaren.
O coello, o rato e outros animais van, veñen e xogan no mundo fantástico creado por Stina Lanneskog. "Convertín GULLIGAST no bosque dun conto de fadas. Talvez sirva para o teu bebé imaxinar as súas propias historias mentres lle cambias o cueiro e lle falas dos animais que hai no xoguete móbil".
Detalles pequenos pero moi significativos
Xoguetes duradeiros
Todas as partes de GULLIGAST están pensadas para bebés acabados de nacer e para os que xa teñen un par de meses e xa poden coller e suxeitar os animais. Podes despegalos do xoguete móbil e darllos na man, xa que están pensados para que lles dean bicos e lles tiren das orellas. "Despois, cando ao teu bebé lle interesen máis outros xoguetes, un irmán máis novo ou outro bebé poderá herdar GULLIGAST e emprender a mesma viaxe de descubrimento".





