GULLIGAST Axóuxere para bebé, gris/azul
Como conseguilo
- Lavable á máquina
O xogo debe ser divertido e seguro. Por iso o teu fillo poderá suxeitar facilmente este axóuxere, que está preparado para aguantar sacudidas, dentadas e lambidas.
Detalles do produto
As cores, as formas e os sons do axóuxere estimulan a psicomotricidade, a visión e o oído do teu fillo.
Os xoguetes da colección GULLIGAST axudan o teu bebé a desenvolver os sentidos e descubrirse a si mesmo e ao mundo que o rodea. Un agasallo ideal para un meniño que acaba de nacer.
Os fortes contrastes chaman a atención do bebé.
Son baixo, adaptado ao oído sensible do bebé.
Stina Lanneskog
Medicións
- lonxitude: 15 cm
Opinións dos clientes

Unha excursión ao bosque dun conto de fadas
Desde as primeiras etapas da vida, os nenos pequenos adoran saír a descubrir o mundo que os rodea, unha actividade que axuda a desenvolveren os seus sentidos a unha velocidade incrible. A colección de xoguetes para bebés GULLIGAST é como o bosque dun conto de fadas, está chea de animais e plantas fantásticas que estimulan o seu crecemento por medio de cores, formas e sons. É como unha invitación a tocaren, tiraren, escoitaren e observaren.
O coello, o rato e outros animais van, veñen e xogan no mundo fantástico creado por Stina Lanneskog. "Convertín GULLIGAST no bosque dun conto de fadas. Talvez sirva para o teu bebé imaxinar as súas propias historias mentres lle cambias o cueiro e lle falas dos animais que hai no xoguete móbil".
Detalles pequenos pero moi significativos
Todos os detalles dos animais están coidadosamente pensados para mellorar os distintos sentidos do neno. "Marcados contrastes de cores, movemento e o son da orella do coello serven de estímulo para o ouvido e os ollos e prenden a faísca da curiosidade. Para coller algo coas mans é importante adestrar a coordinación entre os ollos e as propias mans", explica Stina. Pode que non percibas todos os detalles de primeiras, mais están aí por algo. "O coello ten pestanas bordadas que lle dan personalidade e un aspecto amigable".
Xoguetes duradeiros
Todas as partes de GULLIGAST están pensadas para bebés acabados de nacer e para os que xa teñen un par de meses e xa poden coller e suxeitar os animais. Podes despegalos do xoguete móbil e darllos na man, xa que están pensados para que lles dean bicos e lles tiren das orellas. "Despois, cando ao teu bebé lle interesen máis outros xoguetes, un irmán máis novo ou outro bebé poderá herdar GULLIGAST e emprender a mesma viaxe de descubrimento".