Como conseguilo
É posible que un gancho evoque algo tanxible? Pois claro! Estes 3 ganchos con formas animais nórdicos son prácticos e decorativos. Decorativos e ideais para calquera estancia da casa.
Detalles do produto
Estes ganchos con formas de animais son perfectos para pendurar de todo, dende chaquetas ata xoias; e cando non hai nada pendurado neles, convértense en preciosas decoracións de parede.
Imaxina as túas combinacións para crear un conxunto de ganchos de teu: en fila, dispersos ou a diversas alturas. Ben no corredor, ben no dormitorio ou no cuarto de baño, estes divertidos ganchos alegran cada recuncho do teu fogar.
Marta Krupińska
Información útil
Pódese fixar coas ferraxes/parafusos apropiados da nosa serie FIXA.
Inclúe: 1 alce (anchura 12,6 cm, fondo 9 cm, altura 10 cm), 1 cabalo (anchura 4 cm, fondo 8 cm, altura 11,4 cm) e 1 oso (anchura 6,2 cm, fondo 8,3 cm, altura 8,6 cm).
Os parafusos para o soporte de parede véndese por separado.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
Plástico de polipropileno (50 % reciclado como mín.)
Mantemento
Limpar cun pano húmido.
Secar cun pano seco.
Non utilices produtos disolventes nin abrasivos sobre ningunha parte do produto.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de desmontaxe
FRÖSÅDD Gancho706.124.45Medicións
- Unidades: 3 pack
Embalaxe
FRÖSÅDD
Número de artigo706.124.45- Ancho: 12 cm
- Alto: 12 cm
- Longo: 16 cm
- Peso: 0.28 kg
- Paquete(s): 1
Accesorios para FRÖSÅDD
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti
A idea tras o produto
A idea tras o produto
Cando ollo as nubes sempre vexo formas de animais, xa que para min sempre foron unha importante fonte de inspiración. Son divertidos e gústanme os deseños alegres aos que se lles pode tirar proveito de máis maneiras. Por iso decidín que os ganchos FRÖSÅDD tivesen forma de animais. A súa forma decorativa é sinxela e compacta, unha peculiaridade que lles axuda a soportar as esixencias do día a día. Agardo que vos fagan sorrir e, talvez, o alce, cabalo e oso sexan motivo de disputa familiar para dirimir que animal pertence a quen.







