25 ano de garantía
Vibrantes, cálidas e sorprendentes. As frontes FRÖJERED están feitas de bambú natural, un material resistente perfecto para a cociña. Os tiradores integrados resaltan o seu aspecto moderno e limpo.
Detalles do produto
Os tiradores integrados crean un deseño moderno e de liñas definidas na cociña.
Todas as frontes de caixón e paneis FRÖJERED son únicas, xa que presentan as variacións cromáticas propias da madeira natural. Ademais, danlle un aire cálido e dinámico á cociña.
25 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
Maja Ganszyniec
Medicións
- Ancho: 79.7 cm
- Sistema, Al: 20 cm
- Sistema, An: 80 cm
- Altura: 19.7 cm
- grosor: 2.0 cm
Opinións dos clientes


A arte de crear máis con menos
En ocasións, a solución a un desafío pode estar máis preto do que se espera. Só é cuestión de mirar as cousas desde un ángulo distinto. Isto foi o que aconteceu cando quixemos crear unha solución de cociña nova e sostible. A parte externa e o núcleo das frontes de caixóns FRÖJERED están feitos de materiais e deseños vangardistas no contexto das cociñas, mais xa coñecidos noutros ámbitos da nosa gama.
Sara Åberg traballa na nosa gama de cociñas e sempre está á procura de materiais e deseños que axuden a crear cociñas máis sostibles. "En IKEA hai xente experta en materiais que nos fixo ver que o bambú podería ser unha alternativa ambientalmente interesante para as frontes dos caixóns", di Sara. O bambú é unha herba de crecemento rápido. Unha vez recollido, o sistema de raíces produce novos bacelos e o cultivo da planta non esixe utilizar sistemas de rega nin praguicidas.
Variacións naturais
Para crear unha superficie lisa de bambú úsanse láminas de fibra pegadas en capas. "As láminas de bambú presentan variacións naturais de cor e as partes que presentan pequenas variacións de tonalidade son, polo xeral, desbotadas. Mais, no canto de buscar láminas con tonalidades similares, o que fixemos foi mesturalas. Deste xeito aproveitamos mellor o material e dámoslle a FRÖJERED un aspecto máis rompedor".
Estrutura lixeira e estable
O núcleo central tamén é novo no contexto das cociñas. É unha estrutura en sándwich que utilizamos amplamente en andeis e noutros produtos e da que agora fixemos unha versión máis esvelta. "Trátase dunha estrutura moi lixeira e estable, cuxa fabricación apenas require o uso dunha cantidade mínima de materias primas. O núcleo está feito 100% de papel reciclado e ten unha estrutura en forma de favo. Para Sara, FRÖJERED foi o proxecto colaborativo ideal. "Utilizamos materiais e formas que nos son moi familiares e combinámolos para crear algo novo, deste xeito aproveitamos ao máximo os recursos do planeta".
Material
A arte de crear máis con menos
Nos esforzamos constantemente por utilizar os recursos da Terra de forma máis intelixente. Para a fronte do caixón FRÖJERED eliximos o bambú, unha herba de crecemento rápido que non necesita rega nin pesticidas. O núcleo da fronte é estable, lixeiro e está feito de papel reciclado.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Buscando alternativas máis sostibles á madeira nobre, intrigoume o bambú e inspireime para probar algo novo. Deseñei frontes de cociña que revelan a beleza natural do material por fóra, pero son ocos por dentro. Resistentes pero lixeiros, aforran moito material. As portas e frontes de caixón FRÖJDERED son tan humildes e sinxelos que espero que poidan cambiar a nosa percepción da estética e axudarnos a descubrir a beleza das opcións máis sostibles."