Saltar
Máis de Serie FRILLESBO
Novidade

FRILLESBO Forno ventilador func. micro.

699€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • 5 ano de garantía

O forno con ventilador FRILLESBO con microondas IKEA 700 combina un deseño elegante de aceiro inoxidable con innovadoras funcións. Forno, frixideira de aire e microondas: perfecto dar de comer a un rexemento, requecer ou acadar o punto crocante perfecto.

Número de artigo706.002.49

Detalles do produto

Sen sorpresas agochadas. A garantía de 5 anos está incluída no prezo. Consulta a información na documentación de garantía.

Poderás saborear unhas crocantes patacas fritidas, uns rolos de primavera ou un delicioso polo nun chiscar de ollos. A bandexa e a función de fritido por aire, permiten cociñar máis rápido e sen apenas aceite. Apto para carnes, verduras e moito máis.

A función de frixideira de aire está integrada no forno, así terás máis espazo de traballo para preparar a comida e limpar. Poderás cociñar para catro persoas ao mesmo tempo, así de fácil.

A frixideira de aire deixa circular o aire libremente, polo que toda a superficie do alimento queda crocante. Grazas ao seu xeneroso tamaño, podes cociñar para toda a familia dunha sentada.

A función grella leva os teus alimentos á perfección, tanto ten o que prepares: zancos de polo, verduras... o que queiras!

Alegraráche contar cun destes cando aparece fame. Con el poderás fundir chocolate para facer unha torta, desconxelar a cea ou requentar os restos de comida nun chiscar de ollos, só é necesario premer un botón.

Incorpora os bos hábitos á rutina cotiá da túa casa coa axuda dun microondas integrado. Nunca foi tan fácil requentar os restos de alimentos e reducir os reboutallos.

Un forno de convección que distribúe a calor con eficacia e uniformemente axuda a acelerar os procesos de cocción e permite preparar varios pratos ao mesmo tempo. As cousas non volverán a ser iguais na casa, e os teus asados tampouco.

Consigue uns alimentos ben cociñados. A calor superior e inferior garante pratos no seu punto. Perfecto para pizzas e asados con moito sabor.

Tes pouco tempo? Coa función de cociñado asistida só tes que meter o prato no forno. O tempo que tarde en prepararse pódelo dedicar a xogar cos nenos, parolar cos amigos ou acabar o traballo que estiveses a facer.

Pantalla táctil intuitiva con controis que facilitan a navegación. Prepara as túas receitas favoritas automaticamente, grazas ao proceso de cociña asistido, ou toma o control total do tempo, temperatura e programa.

IKEA 700 leva as túas comidas a outro nivel con numerosas funcións e características. Algo esencial para calquera cociñeiro ou familia á que lle guste a comida e queira mellorar as súas habilidades.

Coa serie FRILLESBO, en aceiro inoxidable e con asas e tiradores tamén de aceiro, poderás crear un fogar elegante e moderno. As portas de cristal transparente ou afumado permitiranche ver os alimentos.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo706.002.49

Información útil

Este modelo foi deseñado para unha instalación embutida.

Non inclúe enchufe. A instalación debe ser realizada por un profesional.

Atoparás información completa sobre a instalación e uso deste produto na pestana Instrucións de montaxe e documentos.

Fritideira de aire (con ou sen prequecemento).

Función microondas.

Inicio rápido microondas.

Calor superior e inferior.

Calor inferior.

Grella.

Grella + ventilador

Grella + microondas.

Convección real.

Aire forzado ECO.

Este forno de convección ten calor superior e/ou inferior, así como un ventilador cun elemento calefactor circular na parte posterior que distribúe aire quente polo forno para cociñar máis rápido e mellor.

Cociña asistida con 122 tempos de cocción preconfigurados para diversos alimentos.

26 funcións de cocción.

Quentador rápido.

A función para manter a temperatura da comida axuda a conservar unha temperatura adecuada sen sobrecociñar nin secar a comida.

Levado de masa.

Enfornado de pan e pizza.

Función de conservación para froitas e verduras en botes de vidro.

Función de deshidratación para froitas e verduras.

Función de quecemento de pratos para quentalos antes de servir.

Función de gratinado para pratos como patacas gratinadas ou lasaña.

Función de cocción a lume lento para un cociñado suave a baixa temperatura de carnes, guisos e asados.

Pantalla táctil intuitiva.

Reloxo.

Temporizador.

Peche de seguridade para nenos.

Antipegadas.

3 niveis de cocción + base.

Pantalla regulable.

Pantalla con opcións multilingües: 31 linguas.

Configuración de son: on/off e selección de son.

10 niveis de potencia do microondas.

Desconxelado por tempo.

Rango de temperatura do forno: 30-230 ºC.

Clasificación de conexión: 2800 W.

Corrente: 1x16A.

Voltaxe: 220-240V.

Potencia do forno microondas: 1000 W.

Inclúe 1 bandexa para fritir con aire.

Inclúe unha bandexa de enfornar.

Inclúese 1 sonda para alimentos.

Inclúen un andel de reixa.

Bandexa de vidro fixa.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Forno combinado

Encontrarás información sobre o coidado deste produto debaixo da etiqueta Instrucións e documentos de montaxe.

Elimina as manchas e retira os restos de comida despois de cada uso cun pano con auga e xabón.

Limpa o exterior do forno/microondas cun pano suave con agua.

Non utilices disolventes nin outros produtos abrasivos para limpar o forno/microondas.

Asegúrate de secar cun pano suave despois de cada lavado.

Seguridade e conformidade

Este produto leva marcado CE.Este produto contén a marca de conformidade de Serbia.

Información técnica

FRILLESBO

Forno ventilador func. micro.

Número de artigo706.002.49
Potencia máx. microondas1000 W
Niveis de potencia10

Medicións

  • Ancho: 59.4 cm
  • fondo: 54.5 cm
  • Altura: 38.8 cm
  • Volume: 46.5 l
  • lonxitude do cable: 150.0 cm
  • Potencia máxima microondas: 1000 W
  • peso: 42.60 kg

Embalaxe

FRILLESBO

Número de artigo706.002.49
  • Ancho: 65 cm
  • Alto: 47 cm
  • Longo: 69 cm
  • Peso: 40.00 kg
  • Paquete(s): 1

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Serie FRILLESBO

Accesorios para FRILLESBO