Quédache pouco espazo no mesado? Esta intelixente illa con rodas está para ir ao rescate. Bufete, almorzo ou almacenaxe e espazo de traballo adicionais: serve para todo. Lixeiro, mais robusto, polo que podes mover todo con facilidade a onde precises.
Detalles do produto
Proporciónache un espazo adicional de traballo e para gardar cousas na cociña.
Os caixóns pódense abrir desde ambos lados para que poidas ter as túas cousas máis á man.
Cada andel ten capacidade para 9 botellas.
Ao ser un material natural, a madeira maciza pódese reparar, restaurar e cambiar facilmente cando un queira.
O bidueiro é unha madeira clara dura que se caracteriza por ter vetas rectas e nós marrón claro. Co tempo a cor pasa da crema á ámbar clara.
Este carriño probouse seguindo os nosos estándares de estabilidade, durabilidade e seguridade, o que certifica que aguanta un uso doméstico diario durante anos.
Nike Karlsson
Información útil
Os materiais deste produto son reciclables. Por favor, revisa as normas de reciclaxe na túa comunidade e se hai algunha instalación/punto de reciclaxe preto.
Posibilidade de separar para reciclar ou recuperar enerxía, se estiver dispoñible na túa zona.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Mesado:
- NOTRANS, NOTRANS
- Estrutura superior/ Caixón/ Barra/ Marco/ Pata:
- NOTRANS, NOTRANS
- Fondo de caixón:
- NOTRANS, NOTRANS
Mantemento
Secar cun pano seco.
Limpar con un pano suave humedecido en auga e, se fose necesario, un limpador non abrasivo.
Para que o mesado taboleiro adquira unha bonita pátina co tempo, aplica aceite STOCKARYD para o tratamento da madeira. Proporciona un bonito brillo e protexe a madeira para prolongar a súa duración.
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
FÖRHÖJA Carriño800.359.20Medicións
- lonxitude: 100 cm
- Ancho: 43 cm
- Altura: 90 cm
Embalaxe
FÖRHÖJA
Número de artigo800.359.20- Ancho: 44 cm
- Alto: 21 cm
- Longo: 104 cm
- Peso: 22.75 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para FÖRHÖJA
As túas olladas
Material
Que é a madeira maciza?
A madeira maciza é un dos nosos materiais favoritos e é parte da nosa tradición escandinava. Tamén é un material atemporal con moitas aplicacións. Independentemente do tipo de madeira, é un material resistente, fermoso e renovable. O noso obxectivo é utilizar esta materia prima da maneira máis intelixente e eficaz posible para evitar desaproveitala. Igualmente, investimos en infraestruturas e loxística para aumentar o uso da madeira reciclada.
Funcionalidade
Máis espazo e menos paseos
Queres unhas ceas máis tranquilas e con máis espazo? Entón virache estupendamente ter un sólido carro na cociña ou unha camareira no comedor. Un carro de cociña proporciónache unha superficie adicional cando vaias cociñar e nas baldas inferiores tes sitio para especias ou vaixela. Cunha camareira no comedor evítasche unha chea de paseos. Pola contra, terás todo a man, botellas, servilletas… E por suposto que os temos en estilos e materiais diferentes. Seguro que algún é perfecto para ti.








