Proporciónache un espazo adicional de traballo e para gardar cousas na cociña.
Detalles do produto
Os caixóns pódense abrir desde ambos lados para que poidas ter as túas cousas máis á man.
Cada andel ten capacidade para 9 botellas.
Ao ser un material natural, a madeira maciza pódese reparar, restaurar e cambiar facilmente cando un queira.
O bidueiro é unha madeira clara dura que se caracteriza por ter vetas rectas e nós marrón claro. Co tempo a cor pasa da crema á ámbar clara.
Este carriño cumpre cos nosos estándares máis estritos de estabilidade, durabilidade e seguridade, o que certifica que aguanta un uso doméstico diario durante anos.
Nike Karlsson
Medicións
- lonxitude: 100 cm
- Ancho: 43 cm
- Altura: 90 cm
Opinións dos clientes
Accesorios para FÖRHÖJA
As túas olladas
Material
Que é a madeira maciza?
A madeira maciza é un dos nosos materiais favoritos e é parte da nosa tradición escandinava. Tamén é un material atemporal con moitas aplicacións. Independentemente do tipo de madeira, é un material resistente, fermoso e renovable. O noso obxectivo é utilizar esta materia prima da maneira máis intelixente e eficaz posible para evitar desaproveitala. Igualmente, investimos en infraestruturas e loxística para aumentar o uso da madeira reciclada.
Funcionalidade
Máis espazo e menos paseos
Queres unhas ceas máis tranquilas e con máis espazo? Entón virache estupendamente ter un sólido carro na cociña ou unha camareira no comedor. Un carro de cociña proporciónache unha superficie adicional cando vaias cociñar e nas baldas inferiores tes sitio para especias ou vaixela. Cunha camareira no comedor evítasche unha chea de paseos. Pola contra, terás todo a man, botellas, servilletas… E por suposto que os temos en estilos e materiais diferentes. Seguro que algún é perfecto para ti.