Remata a túa combinación de almacenaxe PLATSA cunhas portas, que unifican o aspecto da solución e protexen a roupa do po. O seu deseño de liñas sinxelas e puras queda ben en case calquera sitio.
Detalles do produto
A porta pódese montar cara á dereita ou cara á esquerda.
Co planificador PLATSA podes crear unha solución que se adapte a ti, ao teu fogar e ás túas necesidades de almacenaxe.
As combinacións de almacenaxe PLATSA adáptanse doada e rapidamente ás túas necesidades. Só tes que engadir ou quitar estruturas, portas, organizadores de interior ou exterior, patas ou guías de suspensión.
A serie LÄTTHET ofrece diferentes elementos que podes engadir ás estruturas PLATSA.
IKEA of Sweden
Medicións
- Sistema, Al: 40 cm
- Sistema, An: 40 cm
- grosor: 1.6 cm
Opinións
Opinións dos clientes

Cambia contigo
A nosa casa a miúdo ten unhas dimensións limitadas, polo que pode ser desafiante atopar un lugar para todo. Co sistema de almacenaxe PLATSA, queriamos crear unha solución de almacenaxe versátil e sinxela que poidas refacer e ampliar, tanto vertical como horizontalmente, nos laterais ou no medio. Por riba de todo, o prezo debía ser baixo, e a calidade, alta. A solución: a calidade axeitada no lugar axeitado.
"Todo o que precisas son as túas mans", di o desenvolvedor de produto Freddy Kramer mentres encaixa unha estrutura PLATSA con outra. Encaixar, si. O secreto e un tipo de conector chamado cuña. Freddy continúa explicando por que é un aspecto importante o feito de poder montar ou separar estruturas con facilidade. "A vida das persoas hoxe en día non deixa de cambiar: mudámonos máis a miúdo, vivimos en espazos máis pequenos e ás veces compartimos a nosa casa. Por iso nosas necesidades cambian ao longo da vida".
Separa e reconfigura
Freddy mostra como se poden dispoñer as estruturas en vertical, horizontal ou ao xeito dunhas escaleiras, para despois completarse con andeis, cestos de arame, raíl para a roupa, caixóns e portas. "Mesmo pode utilizarse o exterior. Nesta parte, podes colocar ganchos ou un raíl para a roupa e fixalo entre dúas estruturas".
Amor nunha caixa branca
Para que PLATSA fose realmente duradeira, a calidade foi tan importante como a flexibilidade e a facilidade de montaxe. Porén, mellorar a calidade sen aumentar o prezo non é tarefa doada. "A calidade axeitada no lugar axeitado", di Freddy, e abre unha porta de armario. "Aquí, no exterior da porta, que podes ver e tocar todos os días, utilizamos unha lámina mate cunha textura fina, mentres que o interior, sen expoñer, está recuberto cunha lámina base máis sinxela". O proxecto PLATSA esixiu moito tempo e compromiso, mais tamén deu os seus resultados. "Estas caixas brancas baleiras para as estruturas, poden non dicirche moito a primeira vista, mais en realidade son caixas brancas cheas de amor", conclúe Freddy cun sorriso.
Material
Que é un taboleiro de partículas?
O taboleiro de partículas está feito de madeira reciclada e serraduras, polo que as pezas de madeira con tonalidades inadecuadas, achas e serraduras son convertidas en recursos no canto de en refugallos. Utilizamos estes taboleiros para facer estantes, estruturas de cama, sofás e estruturas de cociña. Para protexelo da humidade e do desgaste, botámoslle verniz, chapa ou laminado que ademais realzan o aspecto do moble.