Levanta as asas para agochar as túas cousas ou báixaas para amosar o seu contido: ti elixes. Esta cesta é versátil, está tecida á man e dálle un aspecto natural e auténtico a calquera espazo.
Detalles do produto
Este cesto trenzado presenta un aspecto único e exclusivo, xa que foi feito á man.
Esta cesta permíteche elixir entre despregar a parte superior coas asas ou pregala cara abaixo para amosar o contido.
Se gardas as túas cousas en cestas, teralas organizadas e á man.
O xunco de auga é un material natural cuxas variacións de cor dependen do lugar e o momento no que creza a planta, así como das condicións meteorolóxicas do momento no que se apañe.
IKEA of Sweden
Medicións
- Altura: 32 cm
- diámetro: 25 cm
- altura mínima: 18 cm
Opinións
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración nun espazo virtual antes de mercar para atopar os que mellor se adapten ao teu fogar.

Material
Que é o xunco (ou herba mariña)?
O xunto (ou herba mariña) medra nas costas do sudeste asiático. Para crear os nosos produtos, utilizamos maiormente xunto cultivado nas zonas de campo, previamente inundadas polo mar, xa que non son aptas para o cultivo de arroz. Porén, o xunco medra ben en terreos salinos e mesmo axuda a limpalos. Após a colleita, a planta é secada ao sol para conseguir unha fibra resistente, ideal para produtos tecidos ou trenzados con fermosas variacións de cor, como cestos ou esteiras.