Como as portas permiten que pasen as sinais do mando a distancia, os equipos electrónicos levaranse ben con FJÄLLBO. E seguro que ti tamén: coa parte traseira aberta, é fácil xestionar os cables.
Detalles do produto
Ao ter a parte posterior aberta, este moble de TV rústico de metal e madeira maciza permíteche organizar os cables con facilidade.
Como as portas de malla metálica deixan pasar o sinal do mando a distancia, podes poñer aparatos electrónicos dentro.
É posíbel regular as patas para corrixir posíbeis desniveis no chan.
Ao ser de metal e madeira maciza, cada estante é unha peza única.
A madeira é un material natural e as variacións das veas, da cor e da textura fan única cada peza.
Clips para cables adhesivos para mantelos no seu sitio e ocultos.
Johan Kroon
Información útil
Recomendamos que o moble sexa un pouco máis ancho que o televisor. Este moble é apto para un televisor de ata 58 polgadas. Podes colocar un televisor máis grande sempre que non supere a carga máxima especificada.
O panel superior do moble para o televisor pode soportar ata un máximo de 30 kg.
Diferentes tipos de parede requiren diferentes ferraxes. Emprega as ferraxes máis axeitadas para as túas paredes (non se inclúen).
Pódese combinar con outros produtos da serie FJÄLLBO.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Marco/ Lateral/ Porta/ Fondo:
- NOTRANS, NOTRANS
- Panel superior/ Andel:
- NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Mantemento
Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.
Secar cun pano seco.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
FJÄLLBO Moble TV903.392.90Consellos e instrucións de coidado
FJÄLLBO Moble TV903.392.90Medicións
- Peso máx panel superior: 30 kg
- Ancho: 150 cm
- fondo: 36 cm
- Altura: 54 cm
- Peso máximo/andel: 53 kg
Embalaxe
FJÄLLBO
Número de artigo903.392.90- Ancho: 41 cm
- Alto: 14 cm
- Longo: 152 cm
- Peso: 24.63 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
As túas olladas
Material
Que é o aceiro?
O aceiro ten unhas peculiaridades únicas, xa que conserva a súa dureza aínda cando se traballa e dá forma. Mellora a resistencia de calquera cousa, desde rañaceos ata coches, pasando por estruturas de cama e mobles de xardín. Este sector está buscando a maneira de producir aceiro máis forte e dunha maneira máis eficiente. Hoxe, o aceiro é un dos materiais máis reciclados do mundo, sen que o proceso de reciclaxe implique que perda as súas propiedades.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
A serie FJÄLLBO está inspirada nos deseños industriais de principios do século XX. Son mobles atemporales nos que tradición e funcionalidade van da man. Traballei con materiais simples e duradeiros, como o metal ou a madeira maciza, que achegan un estilo rústico e simple cun toque minimalista ou acolledor: todo depende de como o combines. Podes dispoñer da serie enteira ou combinar as túas dúas ou tres pezas favoritas cos mobles que xa tes en casa e crear un ambiente interior completamente personalizado".







