Saltar

ENHET Zócolo, branco, 180x12 cm

17€/1.8 m

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Se quixeres que a cociña quede perfectamente rematada de arriba abaixo, monta un zócolo para tapar o oco que queda entre o chan e os armarios baixos.

Número de artigo704.563.55

Detalles do produto

Pódese cortar á lonxitude desexada.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo704.563.55

Información útil

Só se debe fixar ás patas ENHET.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Zócolo:
NOTRANS, NOTRANS
Listón perfilado:
NOTRANS

Mantemento

Secar cun pano seco.

Limpar cun pano de microfibras humedecido. Para as manchas máis difíciles, utilizar un deterxente suave e fretar con coidado en movementos circulares.

Montaxe e documentos

Instrucións de montaxe

ENHET Zócolo704.563.55

Consellos e instrucións de coidado

ENHET Zócolo704.563.55ENHET Zócolo704.563.55

Medicións

  • Ancho: 180 cm
  • fondo: 1.6 cm
  • Altura: 11.8 cm

Embalaxe

ENHET

Número de artigo704.563.55
  • Ancho: 13 cm
  • Alto: 2 cm
  • Longo: 186 cm
  • Peso: 2.68 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

3.5Valoración media
31Opinións

O coñecemento compartido deriva en innovación

ENHET é a primeira serie de almacenaxe creada conxuntamente polos nosos especialistas en cociñas e baños. Porén, se o pensas, esta colaboración ten moito sentido. Porque tanto cociñas como baños precisan espazos de traballo, solucións de almacenaxe e organización, son lugares aos que lles damos moito uso e teñen unha gran concentración de humidade. Sabemos que tamén son zonas que adoitan dar problemas á hora de planificalas e montalas. E aí é onde entramos nós.

A idea era que todas as pezas de ENHET fosen fáciles de montar, de maneira intuitiva e sen necesidade de utilizar ferramentas especiais. No caso dos armarios e dos caixóns, decidimos utilizar a cuña de madeira a presión, que comezou a substituír as ferraxes clásicas de IKEA hai uns anos.

Instalación sinxela con "Grisen"

Porén, a almacenaxe aberta das estruturas metálicas requiría algo novo. Aí é onde entra en xogo "Grisen" ("porco" en sueco), unha cuña metálica a presión que permite montar as estruturas facilmente con só un clic. "Semella o fociño dun porquiño, de aí o nome", di o desenvolvedor de produtos Daniel Loader, que participou do proxecto.

Aceiro de confianza

As estruturas metálicas son de aceiro e o problema aquí era conseguir que non se oxidase por mor da humidade dos baños e das cociñas. "Descubrimos un método na industria automobilística chamado revestimento AD", di Daniel e conta como cada unha das partes da estrutura eran mergulladas nese revestimento. "Cando vimos as fotos tivemos claro que deramos coa solución. As pezas revestidas con outros produtos estaban oxidadas, mentres que as revestidas con AD non". Ao botar a ollada atrás, Daniel valora todos os coñecementos aprendidos. "Xuntar moitas persoas con distintas experiencias pode dar como resultado unha forte xénese creativa".

Máis información

Material

Que é un taboleiro de partículas?

O taboleiro de partículas está feito de madeira reciclada e serraduras, polo que as pezas de madeira con tonalidades inadecuadas, achas e serraduras son convertidas en recursos no canto de en refugallos. Utilizamos estes taboleiros para facer estantes, estruturas de cama, sofás e estruturas de cociña. Para protexelo da humidade e do desgaste, botámoslle verniz, chapa ou laminado que ademais realzan o aspecto do moble.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.