10 ano de garantía
A serie ENHET permite comezar de cero facilmente cunha nova solución para cociñas. Estas patas dan un aquel ás estruturas de base aberta, sumando detalles ao deseño e achegando un estilo lixeiro.
Detalles do produto
Para usar en estruturas base abertas ENHET con 60 cm de profundidade en 75 cm de altura.
As patas de 12,5 cm permiten ter as estruturas base a unha altura de traballo cómoda.
Escolle a cor que prefiras para combinala coa estrutura base e para engadir un detalle ao deseño do cuarto.
Así é doado limpar baixo a estrutura.
As patas pódense axustar entre os 11 e os 13,5 cm para compensar calquera irregularidade do chan.
10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
IKEA of Sweden
Medicións
- Regulación de altura: 2.5 cm
- Altura: 12.5 cm
- altura mínima: 11.0 cm
- altura máxima: 13.5 cm
- Unidades: 2 pack
Opinións dos clientes
Personaliza a túa cociña ENHET
Queres personalizar o aspecto e as funcións da cociña ENHET de xeito que se adapte ao teu espazo, ás túas necesidades e ao teu gusto?

O coñecemento compartido deriva en innovación
ENHET é a primeira serie de almacenaxe creada conxuntamente polos nosos especialistas en cociñas e baños. Porén, se o pensas, esta colaboración ten moito sentido. Porque tanto cociñas como baños precisan espazos de traballo, solucións de almacenaxe e organización, son lugares aos que lles damos moito uso e teñen unha gran concentración de humidade. Sabemos que tamén son zonas que adoitan dar problemas á hora de planificalas e montalas. E aí é onde entramos nós.
A idea era que todas as pezas de ENHET fosen fáciles de montar, de maneira intuitiva e sen necesidade de utilizar ferramentas especiais. No caso dos armarios e dos caixóns, decidimos utilizar a cuña de madeira a presión, que comezou a substituír as ferraxes clásicas de IKEA hai uns anos.
Instalación sinxela con "Grisen"
Porén, a almacenaxe aberta das estruturas metálicas requiría algo novo. Aí é onde entra en xogo "Grisen" ("porco" en sueco), unha cuña metálica a presión que permite montar as estruturas facilmente con só un clic. "Semella o fociño dun porquiño, de aí o nome", di o desenvolvedor de produtos Daniel Loader, que participou do proxecto.
Aceiro de confianza
As estruturas metálicas son de aceiro e o problema aquí era conseguir que non se oxidase por mor da humidade dos baños e das cociñas. "Descubrimos un método na industria automobilística chamado revestimento AD", di Daniel e conta como cada unha das partes da estrutura eran mergulladas nese revestimento. "Cando vimos as fotos tivemos claro que deramos coa solución. As pezas revestidas con outros produtos estaban oxidadas, mentres que as revestidas con AD non". Ao botar a ollada atrás, Daniel valora todos os coñecementos aprendidos. "Xuntar moitas persoas con distintas experiencias pode dar como resultado unha forte xénese creativa".
Material
Que é o aceiro?
O aceiro ten unhas peculiaridades únicas, xa que conserva a súa dureza aínda cando se traballa e dá forma. Mellora a resistencia de calquera cousa, desde rañaceos ata coches, pasando por estruturas de cama e mobles de xardín. Este sector está buscando a maneira de producir aceiro máis forte e dunha maneira máis eficiente. Hoxe, o aceiro é un dos materiais máis reciclados do mundo, sen que o proceso de reciclaxe implique que perda as súas propiedades.