Saltar

ENHET Patas para estrutura, antracita, 12.5 cm

12€/2 pack
Dúas patas brancas ENHET para marcos de base de cociña, elegantes e axustables, cun acabado suave.
Parella de patas de cociña ENHET negras, deseño axustable, elegante.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • 10 ano de garantía

A serie ENHET permite comezar de cero facilmente cunha nova solución para cociñas. Estas patas dan un aquel ás estruturas de base aberta, sumando detalles ao deseño e achegando un estilo lixeiro.

Número de artigo204.599.12

Detalles do produto

Para usar en estruturas base abertas ENHET con 60 cm de profundidade en 75 cm de altura.

As patas de 12,5 cm permiten ter as estruturas base a unha altura de traballo cómoda.

Escolle a cor que prefiras para combinala coa estrutura base e para engadir un detalle ao deseño do cuarto.

Así é doado limpar baixo a estrutura.

As patas pódense axustar entre os 11 e os 13,5 cm para compensar calquera irregularidade do chan.

10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo204.599.12

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tubo:
NOTRANS, NOTRANS
Parafuso autoenroscable:
NOTRANS, revestimento acrílico/epoxy

Mantemento

Limpar cunha suave solución xabonosa.

Secar cun pano seco.

Montaxe e documentos

Medicións

  • Regulación de altura: 2.5 cm
  • Altura: 12.5 cm
  • altura mínima: 11.0 cm
  • altura máxima: 13.5 cm
  • Unidades: 2 pack

Embalaxe

ENHET

Número de artigo204.599.12
  • Ancho: 7 cm
  • Alto: 4 cm
  • Longo: 21 cm
  • Peso: 0.27 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.5Valoración media
40Opinións

O coñecemento compartido deriva en innovación

ENHET é a primeira serie de almacenaxe creada conxuntamente polos nosos especialistas en cociñas e baños. Porén, se o pensas, esta colaboración ten moito sentido. Porque tanto cociñas como baños precisan espazos de traballo, solucións de almacenaxe e organización, son lugares aos que lles damos moito uso e teñen unha gran concentración de humidade. Sabemos que tamén son zonas que adoitan dar problemas á hora de planificalas e montalas. E aí é onde entramos nós.

A idea era que todas as pezas de ENHET fosen fáciles de montar, de maneira intuitiva e sen necesidade de utilizar ferramentas especiais. No caso dos armarios e dos caixóns, decidimos utilizar a cuña de madeira a presión, que comezou a substituír as ferraxes clásicas de IKEA hai uns anos.

Instalación sinxela con "Grisen"

Porén, a almacenaxe aberta das estruturas metálicas requiría algo novo. Aí é onde entra en xogo "Grisen" ("porco" en sueco), unha cuña metálica a presión que permite montar as estruturas facilmente con só un clic. "Semella o fociño dun porquiño, de aí o nome", di o desenvolvedor de produtos Daniel Loader, que participou do proxecto.

Aceiro de confianza

As estruturas metálicas son de aceiro e o problema aquí era conseguir que non se oxidase por mor da humidade dos baños e das cociñas. "Descubrimos un método na industria automobilística chamado revestimento AD", di Daniel e conta como cada unha das partes da estrutura eran mergulladas nese revestimento. "Cando vimos as fotos tivemos claro que deramos coa solución. As pezas revestidas con outros produtos estaban oxidadas, mentres que as revestidas con AD non". Ao botar a ollada atrás, Daniel valora todos os coñecementos aprendidos. "Xuntar moitas persoas con distintas experiencias pode dar como resultado unha forte xénese creativa".

Máis información

Material

Que é o aceiro?

O aceiro ten unhas peculiaridades únicas, xa que conserva a súa dureza aínda cando se traballa e dá forma. Mellora a resistencia de calquera cousa, desde rañaceos ata coches, pasando por estruturas de cama e mobles de xardín. Este sector está buscando a maneira de producir aceiro máis forte e dunha maneira máis eficiente. Hoxe, o aceiro é un dos materiais máis reciclados do mundo, sen que o proceso de reciclaxe implique que perda as súas propiedades.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.