




10 ano de garantía
A serie ENHET permite comezar de cero facilmente na cociña, o baño ou a lavandaría. Esta combinación é a mestura perfecta de almacenaxe aberta e pechada e fornece o lugar ideal para unha papeleira ou toallas.
Detalles do produto
Código do moble ENHET A101
Coas portas e as frontes de caixón brancas creas un estilo limpo, luminoso e fresco que podes combinar con detalles en todas as cores do arco da vella. Doadas de gozar, nunca pasan de moda.
Un armario alto con moito espazo para comida, toallas e xabóns.
A estrutura de parede aberta permíteche ter tarros, botellas e aquilo que uses acotío á man e á vista.
O estante xiratorio ENHET fornece acceso rápido e doado aos artigos máis pequenos, como perfumes, chaves, accesorios, vitaminas ou tarros de especias. Fíxase facilmente en calquera estrutura aberta da serie ENHET.
Os ganchos ENHET permiten ter os panos cociña á man. Colócanse nas rañuras que hai debaixo das estruturas abertas ENHET. O mellor de todo é que non é preciso perforar.
O espazo que queda baixo a estrutura aberta é ideal para colgar toallas, pór un caldeiro do lixo ou aparcar un carriño.
Esta combinación tamén pode facer ás veces de solución para a coada, xa que conta con almacenaxe para xabóns e espazo baixo a estrutura aberta para a lavadora.
Podes engadir con facilidade máis accesorios ENHET para estender o uso da túa combinación de almacenaxe. O mellor de todo é que non é preciso perforar. Véndese por separado.
10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
Información útil
Fixar á parede para unha instalación segura. A fixación mural que se utilice dependerá do tipo de parede. Emprega fixacións adaptadas ás paredes da túa casa. Véndense á parte
Inclúe parafusos para conectar varios armarios de parede.
O pomo ou o tirador véndense por separado.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Mantemento
Limpar cunha suave solución xabonosa.
Secar cun pano seco.
As manchas de humidade deben secarse axiña para evitar que penetre a humidade.
Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.
Secar cun pano seco.
Secar cun pano seco.
Limpar con un pano suave humedecido en auga e, se fose necesario, un limpador non abrasivo.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
Medicións
- Ancho: 120 cm
- fondo: 32 cm
- Altura: 150 cm
Embalaxe
ENHET
Número de artigo604.489.45- Ancho: 31 cm
- Alto: 6 cm
- Longo: 77 cm
- Peso: 5.87 kg
- Paquete(s): 3
ENHET
Número de artigo104.404.28- Ancho: 35 cm
- Alto: 9 cm
- Longo: 80 cm
- Peso: 13.30 kg
- Paquete(s): 2
ENHET
Número de artigo304.521.61- Ancho: 41 cm
- Alto: 2 cm
- Longo: 81 cm
- Peso: 3.00 kg
- Paquete(s): 2

