




10 ano de garantía
A serie ENHET permite comezar de cero facilmente na cociña, o baño ou a lavandaría. Esta combinación é a mestura perfecta de almacenaxe aberta e pechada e fornece o lugar ideal para papeleiras ou unha lavadora.
Detalles do produto
Código do moble ENHET A102
Co gris como base, creas un estilo cálido e acolledor. Perfecto se queres unha cor discreta que combine con todo. Moderno ou clásico, ti escolles o estilo.
O armario agocha a desorde de protexe as cousas do po.
A estrutura de parede aberta aproveita ao máximo o espazo de enriba do mesado. É ideal para colgar utensilios e para gardar as cuncas de café, botellas ou tarros que uses acotío.
O estante xiratorio ENHET fornece acceso rápido e doado aos artigos máis pequenos, como perfumes, chaves, accesorios, vitaminas ou tarros de especias. Fíxase facilmente en calquera estrutura aberta da serie ENHET.
O espazo que queda baixo a estrutura aberta é ideal para colgar toallas, pór un caldeiro do lixo ou aparcar un carriño.
Esta combinación tamén pode facer ás veces de solución para a coada, xa que conta con almacenaxe para xabóns e espazo baixo a estrutura aberta para a lavadora.
Podes engadir con facilidade máis accesorios ENHET para estender o uso da túa combinación de almacenaxe. O mellor de todo é que non é preciso perforar. Véndese por separado.
Crea o teu propio estilo! Cambia a cor da estrutura aberta e o estilo das frontes para crear unha solución moderna, clásica, minimalista ou colorida que se adapte perfectamente a ti.
10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
Medicións
- Ancho: 60 cm
- fondo: 32 cm
- Altura: 150 cm