Saltar

EILIF Pantalla para escritorio, gris, 160x48 cm

89,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Grosor: 28 mm
  • Absorción de sons

Queres máis privacidade e reducir o nivel de son preto do escritorio? A pantalla de oficina EILIF crea unha barreira visual e física que absorbe o son que ofrece unha zona de traballo silenciosa e dá un toque coidado á oficina.

Número de artigo704.669.34

Detalles do produto

Os divisores de escritorio que absorben o son crean unha zona privada e silenciosa na que podes traballar sen molestias na casa ou na oficina.

A abrazadeira incluída permite montar facilmente a pantalla ao escritorio

Podes usar a pantalla para amosar notas, imaxes e outras cousas que che gusten.

O feltro amortece os niveis de ruído, absorbe o son e reduce os ecos.

A súa capacidade para absorber ruídos conta coas homologacións ISO 354 e ISO 20189.

Deseñador

Tomasz Augustyniak

Número de artigo704.669.34

Información útil

A pantalla de escritorio pódese montar co parafuso ou coa pinza en taboleiros de 17 a 36 cm de grosor.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tecido interior:
NOTRANS
Tecido exterior:
NOTRANS

Mantemento

Para a limpeza utiliza un plumeiro ou pasa a aspiradora co cepillo suave.

Montaxe e documentos

Medicións

  • Ancho: 160 cm
  • Altura: 48 cm
  • grosor: 28 mm

Embalaxe

EILIF

Número de artigo704.669.34
  • Ancho: 48 cm
  • Alto: 4 cm
  • Longo: 165 cm
  • Peso: 2.69 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.3Valoración media
7Opinións

SostibilidadeAs persoas e o planeta

Vida sostible na casa

De botella de PET a panel fonoabsorbente

Os paneis da serie EILIF fabrícanse segundo o principio de "residuo cero", que implica que os residuos durante a produción sexan mínimos e que o material sexa reutilizable tras o uso do produto. Para conseguilo, só utilizamos un tipo de plástico, concretamente botellas de PET recicladas, para o poliéster das pantallas. Isto significa que poden reciclarse completamente, triturarse e converterse en algo novo ao final do seu ciclo de vida. Minimizar os residuos non pode ser mellor.

Material

Que é o poliéster reciclado?

Ao crear produtos a partir de poliéster reciclado, as botellas PET e outros obxectos teñen a posibilidade de ter outra vida e converterse así en tecidos, caixas, frontes de cociña e mesmo lámpada. Estes novos produtos garanten a mesma calidade cós produtos de poliéster virxe. E obviamente o resultado é igual de limpo e seguro. E pode que o mellor de todo é saber que estás a contribuír a utilizar menos materias primas.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.