Unha tea de liño totalmente nova transmite unha certa rixidez e poden ser necesarios un par de lavados ata que adopta ese tacto suave e elegante que se busca nunha cortina. "A miúdo, para abrandalos, os produtos feitos de liño lávanse unha vez finalizado o proceso de fabricación. Porén, nós descubrimos un método polo que a cortina é sometida a un proceso con aire quente e que ten o mesmo efecto ca un lavado normal con auga", di Alexander. Este método permite gozar dunhas cortinas estupendas desde o primeiro momento, sen a necesidade de gastar auga nin de utilizar produtos químicos. Os lavados posteriores só farán que sexan aínda máis bonitas e se prefires que as cortinas transmitan unha sensación relaxada e informal, sempre podes colgalas sen necesidade de pasarlles o ferro.
DYTÅG Cortina, 1par, gris escuro/con cinta de prego, 145x300 cm
Tamén precisarás
Como conseguilo
- Regulábel
Estas cortinas atemporais de cor gris escura en liño natural ofrecen privacidade e danlle un toque informal ao teu cuarto. O tecido combina con calquera estación do ano, cae con elegancia e deixa pasar a luz e o aire.
Detalles do produto
As cortinas filtran a luz e proporcionan privacidade, porque evitan que se vexa o cuarto dende o exterior.
Esta cortina ofrece privacidade á vez que deixa entrar a luz do exterior para que non te sintas desconectado do mundo.
Liño resistente e atemporal con textura irregular e firme que amolece con cada lavado. As fibras naturais son transpirables e permiten o aire circular, polo que é un produto ideal para calquera momento.
As cortinas con cinta de prego permítenche pendurar as cortinas directamente na barra de cortina usando as dobras ou lapelas. Tamén podes articular a cortina con guías de raíl usando aneis e ganchos.
Pon ganchos RIKTIG na cinta da parte superior para crear pregos.
IKEA of Sweden
Información útil
Cortina, inclúe 1 par.
As cortinas véndense por pares. Os tamaños sinalados fan referencia a cada cortina. Para saber a largura total, multiplica por dous a largura de cada cortina.
O tecido encolle ao lavalo, polo que é boa levar as cortinas antes de cortalas/facerlle a basta.
Podes empregar a tira para bastas SY para acurtares as cortinas sen necesidade de coser.
Normalmente, recoméndanse 16 argolas e ganchos por cada cortina de 145 cm de largura. Podes aumentar ou diminuír o número, en función de se queres un plisado coas dobras máis estreitas ou máis amplas.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- NOTRANS
Mantemento
Encolle un 4% como máximo.
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento moderado.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.
Non limpar en seco.
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
DYTÅG Cortina, 1par205.191.43Medicións
- lonxitude: 300 cm
- Ancho: 145 cm
- peso: 1.50 kg
- superficie: 4.35 m²
Embalaxe
DYTÅG
Número de artigo205.191.43- Ancho: 18 cm
- Alto: 9 cm
- Longo: 28 cm
- Peso: 1.53 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para DYTÅG
SostibilidadeAs persoas e o planeta
Enerxía e recursos
Cortinas cunha caída do máis fermosa
As cortinas de iño DYTÅG filtran a luz que vén de fóra e transmiten unha sensación de recollemento e comodidade. Para as cortinas caeren placidamente ao colgalas, o liño é sometido a un proceso de lavado con aire quente. Isto ten un efecto de abrandamento, equivalente a un lavado normal, pero deste xeito redúcese o consumo de auga e de produtos químicos.

Cortinas que abaixan coma unha fervenza
As cortinas de liño DYTÅG exercen varias tarefas importantes. Filtran a luz do sol, evitan miradas indiscretas e transmiten unha sensación acolledora e cómoda. E para o liño transmitir ese aspecto tan delicado e ondulado empregamos... aire.
O liño é un material que se utiliza desde hai séculos e que, aínda hoxe, é moi apreciado. O noso deseñador, Alexander van der Spree, é todo un namorado: "Encántame o liño. É fácil de lavar, resistente e duradeiro e canto máis o lavas e usas máis bonito e suave é".
O aire quente substitúe a auga
Unha luz acolledora e unha sensación agradable
As cortiñas DYTÅG están dispoñibles en varias cores e son fáciles de combinar con estilos diversos. Alexander explica que ofrecen unha iluminación especial segundo o color que escollamos. "A estrutura lixeiramente irregular do liño filtra os raios do sol e deixar pasar unha luz que fará do teu cuarto un lugar do máis acolledor e cómodo".
Material
Liño
O liño ten unha textura irregular distintiva que vai moi ben para crear conxuntos rústicos, casuais ou elegantes, en función dos teus gustos. A fibra natural ten unha textura firme que amolece con cada lavado. Transpirable e perfecto para calquera época do ano.
Funcionalidade
O tecido reduce o paso de luz
O tecido atenúa a cantidade de luz que entra na estancia e reduce os reflexos. Crea unha agradable sensación de privacidade, xa que non deixan ver desde fóra o que hai dentro. Pola noite, cando a estancia está iluminada, é posible percibir as formas e siluetas do interior desde fóra.














