Saltar

DYTÅG Cortina, 1par, beixe escuro/con cinta de prego, 145x300 cm

79,99€

Tamén precisarás

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Regulábel

Estas cortinas atemporais de cor beixe escura en liño natural ofrecen privacidade e danlle un toque informal ao teu cuarto. O tecido combina con calquera estación do ano, cae con elegancia e deixa pasar a luz e o aire.

Número de artigo005.191.20

Detalles do produto

As cortinas filtran a luz e proporcionan privacidade, porque evitan que se vexa o cuarto dende o exterior.

Esta cortina ofrece privacidade á vez que deixa entrar a luz do exterior para que non te sintas desconectado do mundo.

Liño resistente e atemporal con textura irregular e firme que amolece con cada lavado. As fibras naturais son transpirables e permiten o aire circular, polo que é un produto ideal para calquera momento.

As cortinas con cinta de prego permítenche pendurar as cortinas directamente na barra de cortina usando as dobras ou lapelas. Tamén podes articular a cortina con guías de raíl usando aneis e ganchos.

Pon ganchos RIKTIG na cinta da parte superior para crear pregos.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo005.191.20

Información útil

Cortina, inclúe 1 par.

As cortinas véndense por pares. Os tamaños sinalados fan referencia a cada cortina. Para saber a largura total, multiplica por dous a largura de cada cortina.

O tecido encolle ao lavalo, polo que é boa levar as cortinas antes de cortalas/facerlle a basta.

Podes empregar a tira para bastas SY para acurtares as cortinas sen necesidade de coser.

Normalmente, recoméndanse 16 argolas e ganchos por cada cortina de 145 cm de largura. Podes aumentar ou diminuír o número, en función de se queres un plisado coas dobras máis estreitas ou máis amplas.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

100% liño

Mantemento

Encolle un 4% como máximo.

Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento moderado.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.

Non limpar en seco.

Montaxe e documentos

Instrucións de montaxe

DYTÅG Cortina, 1par005.191.20

Medicións

  • lonxitude: 300 cm
  • Ancho: 145 cm
  • peso: 1.50 kg
  • superficie: 4.35 m²

Embalaxe

DYTÅG

Número de artigo005.191.20
  • Ancho: 18 cm
  • Alto: 9 cm
  • Longo: 28 cm
  • Peso: 1.53 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.5Valoración media
398Opinións

Accesorios para DYTÅG

SostibilidadeAs persoas e o planeta

Enerxía e recursos

Cortinas cunha caída do máis fermosa

As cortinas de iño DYTÅG filtran a luz que vén de fóra e transmiten unha sensación de recollemento e comodidade. Para as cortinas caeren placidamente ao colgalas, o liño é sometido a un proceso de lavado con aire quente. Isto ten un efecto de abrandamento, equivalente a un lavado normal, pero deste xeito redúcese o consumo de auga e de produtos químicos.

Cortinas de liño en beige escuro, ofrecendo privacidade e luz, máis longas que a planta e a lámpada.

Cortinas que abaixan coma unha fervenza

As cortinas de liño DYTÅG exercen varias tarefas importantes. Filtran a luz do sol, evitan miradas indiscretas e transmiten unha sensación acolledora e cómoda. E para o liño transmitir ese aspecto tan delicado e ondulado empregamos... aire.

O liño é un material que se utiliza desde hai séculos e que, aínda hoxe, é moi apreciado. O noso deseñador, Alexander van der Spree, é todo un namorado: "Encántame o liño. É fácil de lavar, resistente e duradeiro e canto máis o lavas e usas máis bonito e suave é".

O aire quente substitúe a auga

Unha tea de liño totalmente nova transmite unha certa rixidez e poden ser necesarios un par de lavados ata que adopta ese tacto suave e elegante que se busca nunha cortina. "A miúdo, para abrandalos, os produtos feitos de liño lávanse unha vez finalizado o proceso de fabricación. Porén, nós descubrimos un método polo que a cortina é sometida a un proceso con aire quente e que ten o mesmo efecto ca un lavado normal con auga", di Alexander. Este método permite gozar dunhas cortinas estupendas desde o primeiro momento, sen a necesidade de gastar auga nin de utilizar produtos químicos. Os lavados posteriores só farán que sexan aínda máis bonitas e se prefires que as cortinas transmitan unha sensación relaxada e informal, sempre podes colgalas sen necesidade de pasarlles o ferro.

Unha luz acolledora e unha sensación agradable

As cortiñas DYTÅG están dispoñibles en varias cores e son fáciles de combinar con estilos diversos. Alexander explica que ofrecen unha iluminación especial segundo o color que escollamos. "A estrutura lixeiramente irregular do liño filtra os raios do sol e deixar pasar unha luz que fará do teu cuarto un lugar do máis acolledor e cómodo".

Máis información

Funcionalidade

Coser sen fío nin agulla

Coa tira para facer dobladillos SY todo o mundo pode "coser" cortinas. Todo o que necesitas facer é cortar a tea ao tamaño que desexes, dobrala, poñer a tira no seu sitio e pasarlle o ferro quente ata que se adhira.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.