Saltar

DIMPA Bolsa de clasificación con tampa, gris beixe, 50 l

4,49€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Esta bolsa grande con divisor é perfecta para separar o lixo inorgánico ou para clasificar a roupa sucia por cores. Práctica para case calquera estancia da casa e moi cómoda, xa que a poderás aplanar cando estea baleira.

Número de artigo406.014.34

Detalles do produto

A bolsa DIMPA é ideal para separar as botellas, as latas de metal, o plástico e os envases de papel... ou tamén a roupa, porque se queres pódela utilizar para meter a roupa sucia.

O divisor integrado está cosido aos laterais da bolsa e permite separar facilmente o plástico do metal ou a roupa clara da escura.

Inclúe unha tampa que podes fixar utilizando os botóns que a bolsa ten na parte posterior, desta maneira os contidos que gardes dentro quedarán protexidos.

Produto pregable, apenas ocupa espazo.

Como ten asas en todos os lados, pódese coller e desprazar máis comodamente.

Este produto está feito de plástico 70% reciclado como mínimo.

DIMPA é unha serie de bolsas de plástico, resistentes e flexibles, que che permite clasificar o separar o lixo. Todas elas presentan con distintas funcións e prestacións. Escolle a que mellor se adapte ás túas necesidades.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo406.014.34

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Polipropileno (70 % reciclado como mín.), 100 % plástico BOPP

Mantemento

Non se debe lavar á máquina.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

En caso necesario, limpar cun pano húmido e un limpador ou deterxente suave.

Seguridade e conformidade

Non deixar que os nenos utilicen o produto sen a supervisión dunha persoa adulta.Pódese utilizar na maioría de pezas da casa, mais non é recomendable en dormitorios de crianzas.

Montaxe e documentos

Medicións

  • volume: 50 l
  • Altura: 51 cm
  • diámetro: 40 cm
  • Peso máximo: 20 kg

Embalaxe

DIMPA

Número de artigo406.014.34
  • Ancho: 30 cm
  • Alto: 3 cm
  • Longo: 51 cm
  • Peso: 0.27 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

3.9Valoración media
36Opinións

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.