10 ano de garantía
Este sistema de almacenaxe é a nosa homenaxe particular á resistencia, robustez e flexibilidade. Un moble fácil de montar e que podes completar ao teu gusto coa seguridade de que soportará como ninguén a humidade, a sucidade e os obxectos máis pesados.
Detalles do produto
Podes ampliar facilmente a combinación se engades seccións e baldas.
Como aguanta ben a humidade, a sucidade e o peso, este estante resistente e duradeiro resulta axeitado para calquera espazo da casa, dende o garaxe ata o baño ou a cociña.
10 anos de garantía. Consulta os termos e condicións no folleto da garantía.
IKEA of Sweden
Medicións
- Ancho: 85 cm
- fondo: 40 cm
- Altura: 110 cm
Opinións dos clientes
Accesorios para BROR
Deseña o teu propio espazo de traballo BROR
Queres personalizar o aspecto e as funcións de BROR de xeito que se adapte ao teu espazo, ás túas necesidades e ao teu gusto?


A almacenaxe máis robusta até o de agora
O teu garaxe semella unha civilización perdida? Pirámides de latas de pintura agrupadas derredor do coche, equipamento deportivo que nin lembras de ter utilizado e pasatempos esquecidos gardados en caixas empilladas. A deseñadora de produtos de IKEA, Lina Ringefelt, veu botar unha man. O resultado: o robusto e resistente sistema de almacenaxe BROR.
Lina e o seu equipo estudaron as necesidades das persoas no que atinxe os seus garaxes e descubriron que eran utilizados para infinidade de cousas: para pasatempos persoais ou simplemente para aparcar o coche, mais tamén viron que neles se gardaba de todo, desde ferramentas pesadas ata equipamentos de tempada. Coñecemos moitas persoas que requirían almacenaxes abertas e que se puidesen pechar, capaces de soportar cargas pesadas.
Almacenaxe moi robusta
"Para crear o deseño inspireime nos clásicos mobles industriais dos anos 50, así como na serie Meccano", di Lina. "A idea pasaba por crear estas fermosas unidades de almacenaxe, capaces de soportar o dobre de peso que calquera outro moble que construísemos daquela". O enxeñeiro Philip Nedergaard traballou arreo para facer realidade os desexos de Lina. "Creamos o que chamamos 'o peor escenario posible' e así foi como cargamos os estantes con sacos de cemento para comprobar que realmente eran capaces de soportar case calquera cousa que lles puxesen enriba", di.
Elegancia e practicidade van da man
O resultado é unha serie de armarios axustables con espazos abertos e pechados que inclúe un carriño para usar como estante móbil ou como estación de traballo. Porén, o maior reclamo da serie é a combinación de funcionalidade e porte. BROR ata quedaría ben no interior da casa.
Material
Que é o aceiro?
O aceiro ten unhas peculiaridades únicas, xa que conserva a súa dureza aínda cando se traballa e dá forma. Mellora a resistencia de calquera cousa, desde rañaceos ata coches, pasando por estruturas de cama e mobles de xardín. Este sector está buscando a maneira de producir aceiro máis forte e dunha maneira máis eficiente. Hoxe, o aceiro é un dos materiais máis reciclados do mundo, sen que o proceso de reciclaxe implique que perda as súas propiedades.
Calidade
Un auténtico resistente
O sistema de almacenamento BROR aguanta moito. De feito, os estantes máis anchos e profundos soportan 130 kg e os máis pequenos, 70 kg. Isto significa que podes almacenar sen problemas tanto pneumáticos como macetas pesadas. Sabémolo porque probamos o sistema de almacenamento enchendo os estantes con sacos de formigón, para asegurarnos de que poden albergar con seguridade case calquera cousa que poidas imaxinar almacenar. Independentemente de se a contorna é tropicalmente húmido ou seco e xélido.