Cando máis en orde estea o moble do televisor máis che prestará ver as túas series favoritas. Garda os xogos, controis e accesorios nos caixóns grandes e pasa os cables polos buratos da parte posterior.
Detalles do produto
Este moble de TV ten uns caixóns grandes ideais para ter os mandos a distancia, cables e demais accesorios de televisión ben organizados.
A saída para cables da parte posterior permite ocultalos manténdoos á man.
K Hagberg/M Hagberg
Información útil
Recomendamos un moble de TV un chisco máis largo có propio televisor. Este moble é compatible con televisores de ata 72 polgadas. Podes colocar un televisor meirande, sempre que non pese máis que a carga máxima especificada.
O panel superior do moble para o televisor pode soportar ata un máximo de 30 kg.
Diferentes tipos de parede requiren diferentes ferraxes. Emprega as ferraxes máis axeitadas para as túas paredes (non se inclúen).
Combina con outros elementos da serie BRIMNES.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Compoñentes principais/ Zócolo:
- NOTRANS, NOTRANS
- Panel superior:
- NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
- Dorso:
- NOTRANS, NOTRANS
- Fronte de caixón:
- NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
- Lateral de caixón/ Traseira de caixón:
- NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
- Fondo de caixón:
- NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Mantemento
Limpar cun pano humedecido en auga o limpacristais.
Secar cun pano seco.
Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.
Secar cun pano seco.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
BRIMNES Moble TV504.098.74Medicións
- Ancho: 180 cm
- fondo: 41 cm
- Altura: 53 cm
- Peso máximo: 30 kg
Embalaxe
BRIMNES
Número de artigo504.098.74- Ancho: 41 cm
- Alto: 6 cm
- Longo: 182 cm
- Peso: 24.00 kg
- Paquete(s): 1
- Ancho: 43 cm
- Alto: 6 cm
- Longo: 186 cm
- Peso: 26.10 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Material
Que é un taboleiro de partículas?
O taboleiro de partículas está feito de madeira reciclada e serraduras, polo que as pezas de madeira con tonalidades inadecuadas, achas e serraduras son convertidas en recursos no canto de en refugallos. Utilizamos estes taboleiros para facer estantes, estruturas de cama, sofás e estruturas de cociña. Para protexelo da humidade e do desgaste, botámoslle verniz, chapa ou laminado que ademais realzan o aspecto do moble.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"A sala de estar é un lugar de acougo e sosego. Cando máis tranquilo sexa o decorado e a distribución, mellor descansarás ti. Por iso creamos BRIMNES, unha serie de mobles coordinados con espazo abondo para as túas cousas. O moble do televisor inclúe caixóns con espazo para gardares de todo: xogos, mandos, cables e xoguetes. E no armario con porta de cristal podes gardar as cousas máis decorativas que queiras protexer do po. E se che gusta a serie, tamén podes usar para amoblar o dormitorio co mesmo estilo, con almacenaxe intelixente en cada recuncho".






