Saltar

BRIMNES Estrutura de cama con almacenaxe, branco, 160x200 cm

199€
O prezo non inclúe o somier de láminas, nin o colchón, nin a roupa de cama.

Tamén precisarás

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Se vives nun espazo pequeno, tes que agudizar o enxeño, e probablemente por iso che interese esta estrutura da cama con 4 amplos caixóns. A serie BRIMNES inclúe varios heroes do aforro de espazo.

Número de artigo399.029.37

Detalles do produto

Ao ter os laterais da cama regulables, pódense utilizar colchóns de diversos grosores.

Debaixo da cama hai agochados discretamente 4 caixóns amplos. Ideais para gardar edredóns, almofadas e roupa de cama.

Esta estrutura de cama compacta é perfecta para cuartos de tamaño reducido e con teitos baixos, xa que permite aproveitar ao máximo o espazo.

Esta versátil estrutura de cama é doada de combinar con todo tipo de tecidos e mobles de dormitorio.

Deseñador

IKEA of Sweden/K Hagberg/M Hagberg

Número de artigo399.029.37

Información útil

A viga central SKORVA está incluída no prezo, pero empaquétase por separado. É necesaria para a estabilidade da estrutura da cama e para manter o colchón no seu sitio.

O prezo non inclúe o somier de láminas, nin o colchón, nin a roupa de cama.

Pode completarse coa cabeceira BRIMNES.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Estrutura de cama con almacenaxe
Compoñentes principais/ Parede divisora/ Fronte de caixón:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Lateral de cama/ Peza de fondo:
NOTRANS, NOTRANS
Fondo de caixón:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Folla da cabeceira:
NOTRANS, NOTRANS
Trabe central

NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Secar cun pano seco.

Medicións

  • Altura caixón (int): 20 cm
  • lonxitude: 206 cm
  • Ancho: 166 cm
  • Altura: 47 cm
  • Ancho de caixón (int): 94 cm
  • Fondo de caixón (int): 54 cm
  • Longo do colchón: 200 cm
  • Anchura do colchón: 160 cm

Embalaxe

Este produto ven en 4 paquete(s).

BRIMNES

Número de artigo302.287.18
Este produto ten varios vultos
  • Ancho: 56 cm
  • Alto: 6 cm
  • Longo: 209 cm
  • Peso: 39.00 kg
  • Paquete(s): 1
  • Ancho: 48 cm
  • Alto: 7 cm
  • Longo: 172 cm
  • Peso: 29.00 kg
  • Paquete(s): 1
  • Ancho: 57 cm
  • Alto: 7 cm
  • Longo: 107 cm
  • Peso: 25.18 kg
  • Paquete(s): 1

SKORVA

Número de artigo901.245.34
  • Ancho: 7 cm
  • Alto: 6 cm
  • Longo: 139 cm
  • Peso: 3.54 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.3Valoración media
1761Opinións

Accesorios para BRIMNES

Material

Que é un taboleiro de partículas?

O taboleiro de partículas está feito de madeira reciclada e serraduras, polo que as pezas de madeira con tonalidades inadecuadas, achas e serraduras son convertidas en recursos no canto de en refugallos. Utilizamos estes taboleiros para facer estantes, estruturas de cama, sofás e estruturas de cociña. Para protexelo da humidade e do desgaste, botámoslle verniz, chapa ou laminado que ademais realzan o aspecto do moble.

Funcionalidade

Sitio no dormitorio

Coa serie de dormitorios BRIMNES terás sitio para todas as túas cousas, mesmo nun espazo reducido. A estrutura de cama ten 4 caixóns extraíbles e no cabecero podes gardar o que necesitas ter a man.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

Vivir nun espazo reducido a miúdo esixe solucións de almacenaxe intelixentes. E iso era o que queriamos resolver cando creamos BRIMNES, unha serie de mobiliario de dormitorio funcional con almacenaxe en cada compoñente. E a un prezo baixo. Deseñamos a estrutura da cama con caixóns amplos e o cabecero con espazo para libros, revistas e orificios para pasar cables. O armario ofréceche baldas regulables para que aproveites ao máximo o espazo. Esperamos que goces vivindo con estes mobles durante moitos anos, nunha combinación ou por separado.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.