Este tapete gaming con deseño de píxeles é ideal para aquelas persoas que queren ter o teclado e o rato sobre a mesma superficie suave, pero firme. Aquí poderás mover o rato tan rápido que gañarás ata as batallas máis cruentas.
Detalles do produto
Este tapete ten unha superficie lisa para que o rato poida moverse sen problemas. É perfecto para xogos que requiren reaccións rápidas.
O tecido foi seleccionado con especial atención para que poidas controlar o rato cunha precisión píxel a píxel, con independencia do sensor.
Para que poidas dar o mellor de ti en cada partida, a superficie é duradeira e fácil de limpar.
Con capacidade dabondo para un teclado e un rato.
O tapete para o rato ten unha base de goma que impide que se mova.
O padrón do tapete é perfecto para aquelas persoas amantes dos píxeles e dos videoxogos.
Fácil de enrolar e levar contigo ou gardar nunha caixa.
Iina Vuorivirta
Medicións
- lonxitude: 90 cm
- Ancho: 40 cm
- grosor: 4 mm
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración nun espazo virtual antes de mercar para atopar os que mellor se adapten ao teu fogar.


Preparados para botar unha partida e para todo o que a maiores veña
Na actualidade, botar unha partida aos videoxogos ofrece moitas posibilidades: podes xogar nunha plataforma, só ou en compañía e en case calquera estancia da casa. Con BRÄNNBOLL queriamos crear unha colección de mobles e accesorios que se adaptase ao mundo gaming de hoxe, pero cun toque caseiro.
Philip Dilé, desenvolvedor de produtos, encargouse de estudar as novas necesidades dos gamers. As súas conclusións foron que estes produtos debían satisfacer as necesidades do mundo gamer e mellorar a experiencia, pero tamén debían ser aproveitables de máis maneiras cando non se estivesen a usar para a súa finalidade orixinal. Especialmente cando gamers e non gamers viven xuntos e os espazos non son precisamente amplos. "Por iso é tan importante a posibilidade de cambiar de actividade facilmente. Todo se reduce a dúas cousas: deseño e prestacións", di Philip. "As pezas flexibles e móbiles son unha parte importantísima, como importante é o aspecto tamén".
Non todo ten que ser negro
O noso equipo de deseño púxose mans á obra. Unha das integrantes, Marta Kuprińska, deixouse levar pola súa intuición. E que viu? Cores. "Quería algo atrevido. No caso da poltrona, mesmo quería ser un chisco rebelde. Cando o prototipo gris chegou da fábrica, ás caladas púxenlle unha funda azul claro e deixeina no departamento de deseño. Cando a viron, o resto do equipo sentiuse entusiasmado". "Pero se non che vai moito o azul, que saibas que tamén está dispoñible en gris escuro", di Marta rindo.
Todo o que necesitas
A colección BRÄNBOLL está pensada para satisfacer distintas situacións domésticas. A idea non pasa por acumular cousas e cousas. A idea é encontrar o equilibrio exacto. "Como no caso da poltrona. Pódela usar como usarías unha poltrona calquera, ou para botar unha partida tranquilamente. Ademais, esta inclúe rodas, polo que a podes levar contigo onde queiras", di Marta. Non é necesario ser un gamer para adorar e utilizar estes produtos. O certo é que non sabemos quen os usará, nin como. "E iso é o mellor. Encántame cando a xente utiliza os nosos produtos de maneiras insospeitadas".
Form design process
A túa casa gaming
Principio ou fin de partida, tanto ten. Os divertidos estampados do tapete par rato, a suave alfombra gaming e a cálida manta da colección BRÄNNBOLL son perfectos para aquelas persoas que nunca cansan dos píxeles e adoran os xogos de computador. Non só son ideais para xogar, tamén son fermosos detalles de interior que se apoderan do teu fogar e crean o ambiente axeitado.