





Para dar o mellor de ti en cada partida non poden faltar aperitivos e bebidas. Podes encher esta mesa auxiliar de todo o necesario e levala ata o teu recuncho favorito para que non che falte enerxía mentres xogas.
Detalles do produto
A xogar! Esta mesa auxiliar é perfecta para ter aperitivos e bebidas á man mentres xogas.
As rodas permítenche levar facilmente a mesa auxiliar ata o teu recuncho favorito cando che apeteza xogar.
O bordo alto serve de tirador para cando queiras levar a outro sitio a mesa auxiliar e evita que a comida e as bebidas se derramen.
A mesa é lixeira e vén nun paquete plano, polo que a podes levar á casa facilmente.
A altura da mesa auxiliar é perfecta para a hamaca gaming BRÄNNBOLL que se vende por separado.
Marta Krupińska
Medicións
- Altura: 40 cm
- lonxitude: 69 cm
- Peso máximo: 10 kg
- Ancho: 39 cm
Opinións dos clientes
Accesorios para BRÄNNBOLL
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración nun espazo virtual antes de mercar para atopar os que mellor se adapten ao teu fogar.


Preparados para botar unha partida e para todo o que a maiores veña
Na actualidade, botar unha partida aos videoxogos ofrece moitas posibilidades: podes xogar nunha plataforma, só ou en compañía e en case calquera estancia da casa. Con BRÄNNBOLL queriamos crear unha colección de mobles e accesorios que se adaptase ao mundo gaming de hoxe, pero cun toque caseiro.
Philip Dilé, desenvolvedor de produtos, encargouse de estudar as novas necesidades dos gamers. As súas conclusións foron que estes produtos debían satisfacer as necesidades do mundo gamer e mellorar a experiencia, pero tamén debían ser aproveitables de máis maneiras cando non se estivesen a usar para a súa finalidade orixinal. Especialmente cando gamers e non gamers viven xuntos e os espazos non son precisamente amplos. "Por iso é tan importante a posibilidade de cambiar de actividade facilmente. Todo se reduce a dúas cousas: deseño e prestacións", di Philip. "As pezas flexibles e móbiles son unha parte importantísima, como importante é o aspecto tamén".
Non todo ten que ser negro
O noso equipo de deseño púxose mans á obra. Unha das integrantes, Marta Kuprińska, deixouse levar pola súa intuición. E que viu? Cores. "Quería algo atrevido. No caso da poltrona, mesmo quería ser un chisco rebelde. Cando o prototipo gris chegou da fábrica, ás caladas púxenlle unha funda azul claro e deixeina no departamento de deseño. Cando a viron, o resto do equipo sentiuse entusiasmado". "Pero se non che vai moito o azul, que saibas que tamén está dispoñible en gris escuro", di Marta rindo.
Todo o que necesitas
A colección BRÄNBOLL está pensada para satisfacer distintas situacións domésticas. A idea non pasa por acumular cousas e cousas. A idea é encontrar o equilibrio exacto. "Como no caso da poltrona. Pódela usar como usarías unha poltrona calquera, ou para botar unha partida tranquilamente. Ademais, esta inclúe rodas, polo que a podes levar contigo onde queiras", di Marta. Non é necesario ser un gamer para adorar e utilizar estes produtos. O certo é que non sabemos quen os usará, nin como. "E iso é o mellor. Encántame cando a xente utiliza os nosos produtos de maneiras insospeitadas".
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Prestacións, prestacións e máis prestacións. Niso foi no que me concentrei para deseñar a mesa auxiliar con rodas BRÄNNBOLL. Para así render ao máximo durante unha partida necesitamos ter preto comida, petiscos e bebidas. Aquí pódeste abastecer, levalo todo ao teu lugar favorito e ter sempre enerxía extra á man mentres xogas. A estrutura de tubo de aceiro elevada actúa como unha asa e evita que as cousas escorreguen ao brandires a espada para cortarlle a cabeza ao dragón ou devolves un revés nun partido de tenis".